19.2.05

cousas para facer os s�bados

querí­a ir ao cine. e pasear pola cidade de noite, porque me gusta a luz das farolas e as rúas que semellan durmidas. pero non poñí­an a pelí­cula e eu en realidade non querí­a pasear por esta cidade. quería o mar e as avenidas grandes de calquera outra.
e entre unha cousa e outra perdó­n o cercanías. e xa non puiden ir a ningures, nin a esa enriquecedora velada que planeara onte cun colega.
tiven que quedar neste silencio, no xusto equilibrio anterior a entristecer.

querí­a estar en outro sitio.
acordeime do lindo que foi a veces viaxar.e do ben que sabe deterse nos recordos dos días dourados.
agora escollo os mellores para levalos conmigo para a cama. que mañá madrugo e almorzo dous autobuses (se teño sorte, ata un con transbordo)
que vou ata onde se acaba o mundo e empeza o oceano.

4 comentarios:

diablito dijo...

a min ocurrenseme tamen cincuentaesetemil cousas diferentes para afrontar unha xornada de sábado, nunca chove a gusto de todos.

bicos.

d.

mariademallou dijo...

sete días despois a cousa non pintaba mellor. outra vez lonxe...

SOL dijo...

...A próxima vez, chámame e dígoche eu donde podes ir...A casa é pequena, pero o sofá da perfectamente para duas e media, tres, ou catro...e no chan tamen se está ben...¡NON TE QUEDES SOA!...Bicos

Anónimo dijo...

Looking for information and found it at this great site... » »