17.2.05

húmida

Katerina desexaba ver o teatro de autómatas que se instalara na explanada do porto de Húmida. desexábao de veras.por iso baixaba dende o faro en plena noite, pola estrada siseante que enmarcaban miles de seixiños brancos. dende a vila era a penas unha sombra e o camiño brilaba os seus pasos á luz da lúa. iso era aínda máis marabillosos que os inventos da coñecida familia suiza. a noite do teatro foi a noite mesma do desembarco. todos en Húmida a recordan porque esa foi a noite que o temporal apareceu de súpeto e o teatro de autómatas desplomouse con todas a súas rodiñas e bohemia de critais vidrados. e durante os días sucesivos o mar inundouse de farois vermellos chegados da china que desangraban na costa entre os corpos dos mariñeiros. e esa foi a primeira noite que Katerina saeu do antigo faro de Húmida- a luz do opio- no que pasara tres dú­as dende a súa chegada. e esa mesma noite coñecéronse aquí, no pato mareado, despois da magnífica función. en canto entrou miráronse longo e toda a noite se buscaron entre as melodí­as da orquesta. todos soubemos que a treboada estaba xa sobre nós cando Suso e a alemana saí­an soando a campaíña da porta. escoitei como o barco partía de temporal mentres ascendían entre os seixos ata o vello faro. o ceo escurecera e a desgracia xa caía sobre nós." sabí­a unha historia sobre ese sitio, húmida, que se perdeu nun disco duro que me colleu unha amnesia. e hoxe, que non me apetecí­a facer nada despois de tanta sociolingüística como levo estes días, decidín ir ata alá­. A ver se alguén se acorda dela para ma contar...

7 comentarios:

diablito dijo...

que fermoso!!!

d.

diablito dijo...

roubeiche a imaxe do farolillo, pq facía me falta para un traballiño, camións de bicos.

volvín a ler este relato e gustame aínda máis!!!

ánimo nesa loita contra a amnesia informática!.

d.

Anónimo dijo...

Well done!
[url=http://rmdlnemn.com/pfzr/ihem.html]My homepage[/url] | [url=http://rgnihsem.com/unbm/zcgg.html]Cool site[/url]

Anónimo dijo...

Great work!
My homepage | Please visit

Anónimo dijo...

Good design!
http://rmdlnemn.com/pfzr/ihem.html | http://hwndqjlt.com/jose/txyd.html

Anónimo dijo...

Looking for information and found it at this great site... »

Anónimo dijo...

Very nice site! Factory direct purchase of porsche Colorado pilates tax code 1997 ford motors 4.2 liter for sale Didrex shipped c o d Best pain relief medicine vicodin Optical long range surveillance http://www.homes-for-sale-sioux-falls-sd.info http://www.bluetoothwirelessbluetoothheadphones.info diamond engagement rings