25.2.05

ilusión

hoxe é unha semana antes de ti berlín. a túa pel, o meu regalo.

este será o teu libro para que ti nunca o saibas.
eu inventarei por iso a cidade,
os lugares ocultos,os sitios secretos.
crearei o aroma das camelias,
as cancións dos músicos ambulantes,
a herba fresca baixo os teus pés...
eu crearei este lugar para un amor que nunca morra
meu pequeno de ollos máxicos,
e a ti tamén.
só se amarras un globo vermello á miña man,
e xuras que será o can que camiñe ao noso lado,
que será chespir,coas súas patiñas de goma levitando sobre o chan,
se o fas, se mo xuras,
entón creareiche a ti tamén.
para que habites no meu colo para sempre
meu pequeno berlí­n.
ese será o teu nome, porque terás un ollo de cada cor
coma a cidade.
e este será o teu libro,
para que ti nunca o saibas.


(en berlí­n.3marzoo5.casino de compostela,19:30)

5 comentarios:

diablito dijo...

bicos para a tua ilusión inmensa, xardíns cheos de luciñas; noraboa.

mariademallou dijo...

se non podedes vir a coñecer a berlín en persona, pero queredes telo por un euro, só tedes que mercar ese día el correo-na comarca de compostela-. os de fóra dese microuniverso pois xa non sei...pedídeo e fotocopiadeo.
se eres dos que pensa que eu cho vou regalar asegúrate de preguntarmo ;)
bicos!!

SOL dijo...

Son capaz de amendar outra tarde e noite enteira, sen saber, e facerche un Berlin de trapo o meu estilo...con tal de que ti sigas deixándonos ver o mundo a través das tuas letras...¡Tés un Don!

elena dijo...

ataque crónico de envidia desde córdoba, quiero un berlín ya! y enhorabuena por tu blog, tan marialado... por cierto, tienes un e-mail ;-)

Ree Teerre dijo...

Eu tamén quero crear o meu porpio berlín.
Gracias polos teus poemas.