21.2.05

unha bolsa de rede

o mundo virtual � unha bolsa de rede. non m�is grande que as de cinco quilos, supo?o. ben,o mundo en xeral � unha bolsa de rede . e ao final sempre imos batendo uns con outros, coma berberechos.

no fondo, de que co?ecemos � maior�a dos que dicimos que co?ecemos?

de vernos a cara todas as ma?�ns na parada, de cruzarnos nos mesmos bares ou de compartir panader�­a. e con sorte, un d�a descubrimos que hai un terceiro que nos co?ece aos dous. e as�­ imos andando polo borde da rede, sen chegar a sa�­r nunca da bolsa, que se vai facendo m�is mesta.
�che as�­. a vida mesma.
e �s veces navegando un atopa boa xente � que xa non recorda como co?eceu pero que ten ganas de ver. (parab�ns para ela que estivo de aniversario)

e sendo tan grande o mundo como eu sempre vou bater na mesma pedra?

e... a como andar� o quilo de xente na lonxa?

5 comentarios:

Paleón dijo...

na lonxa da miña vila ten bo prezo. Cando baixa un pouco é no verán, xa se sabe que co bo tempo o home come máis a flote e é máis fácil de caia no tramallo

mariademallou dijo...

cando mellor vai de prezo é de xoves noite a domingo de madrugada, que venden humanidá por quilo

diablito dijo...

¡ai!

Anónimo dijo...

Hola Corasón,
para min a bolsa verde! Nunca vai a feira a gusto de todos...cando buscas non hai, cando hai non precisas e cando encontras...non sempre é berberecho...
Encántame este sitio, encántanme as tuas letras, e a maneira que tés de conta-las cousas.
(Sigo pensando que a ovelliña Engracia pode ser o primeiro persoaxe dun libro de contos...Eu non entendo desto pero a xente coma min, lémos por gusto, por disfrute, e cada vez que llo leo a miña filla ti tamén estás entre as estrelas do ceo da lúa do conto...Bicos. SOL.

Anónimo dijo...

Cool blog, interesting information... Keep it UP Fossil snoopy watch Minnesota state farm life insurance quote patents