4.3.05

amigos

pequeno neno berlín,
onte foi o día máis longo dos días. pero foi lindo. moitos amigos se achegaron a nosa festiña, que non tiña maior obxeto que ese mesmo de compartir unha charla e uns cantos viños, e outros animaron dende a distancia partida a golpe de sms. o sr hank e a súa adorable compañeira asistiron co seu abrazo, diablito chegou cun precioso ramo que agora arrecende toda a casa e co seu mellor sorriso. ven tamén o poeta das laranxas con versos doces do mellor berlín e ata chespir decidiu materializarse na súa forma favorita e amarradiños andivemos toda a noite ata que un imbécil- dese tipo de imbéciles aos que lle moslesta a alegría dos demais- o estoupou cun cigarro. ou sexa, que non puidemos resistirnos á tentadora idea de montarlle un número. salvado este encontro o resto foi moi xenial.
agora teño un cansancio considerable- de feito podería considerarse unha resaca media- e un día que pinta longo coma o de onte, pois hoxe é o aniversario de miña nai.
os que estades cerca a pesar das distancias todas, mil gracias.
e a ti meu berlín doce, polo teu abrazo.

9 comentarios:

SOL dijo...

NORABOA CORASÓN,

Xa iba sendo hora que che den unha alegría tan fermosa os frutos de tanto traballiño. Todos estamos contigo alí onde vaias...inda que teñamos que aprende-lo Checo!!

BICOS E OPAS!!

From Hell dijo...

Noraboa polo de onte, aínda que o viño do casino era malo como para matar a un cabalo.
Foi un bonito acto.
Eu aínda conservo o meu globo e trouxeno de paseo a fisterra...
cousas do helio
bicos
Hank

ilugris dijo...

Nom puidem estar em corpo... mas estivem, e desejei estar. Já encarreguei um berlin, porque até o Berço por sorte (e neste caso por desgraça) nom chega o Correo.
Foi um ponto descobrir o teu blog graças a eles. A secçom de cultura do Correo merece-se outro periódico.
Outro Correo é possível!
Bicos

Peke dijo...

Parabéns!

mariademallou dijo...

alégrome de que berlín teña tan bos padriños coma vós,isto é reealmente o bo de facer libros, facelos para a xente coma vós...sodes inceíbles! dentro de pouco estará berlín por aquí para q poidades descargalo,imprimilo, envialo, fotocopialo...e todo o que vos queirades.
bicos e gracias.

Anónimo dijo...

Sentín moito non poder estar, pero se o viño era realmente como se di arriba... :-) Pono na rede canto antes, eh?

cordal

diablito dijo...

foi precioso.

precioso.

un bico tamaño mamut!!

d.

edu dijo...

tiven sorte de poder estar. e grazas polo teu bonaval redondo e vermello.
un bico grande

Anónimo dijo...

best regards, nice info cappuccino coffee delonghi maker 1959 convertible thunderbird Vw gti v wholesale car racks bike rack plus Short term health insurance al http://www.adipex-1.info/2004-nissan-convertible-350z-base-price.html Mp3 players 1998 1990 cadillac deville door trim moulding Michigan internet service providers http://www.proactiv-skin-care.info Cancer lymphatique columbia venture convertible cargo womens Zithromax qoclick Adware anti software spyware 1969 mustang convertible wanted Black celerities porn sites