30.3.05

animai+s



de todas as cousas que escoito na facultade as mellores, coma sempre,as do bar. hoxe contáronme que corre por aí a historia dun estudante que no seu primeiro ano na universidade se fixo cun dos codiciados patos do auditorio e levouno para a casa con toda idea de xantalo. pero nalgún momento cambioulle a idea, o animal entenreceuno, e entre o solitario estudante de primeiro curso e o bicho floreceu unha fermosa amizade que se prolongou durante catro anos de carreira, chegando a pasar memorables momentos xuntos. e que cando o estudiante rematou, antes de volver co seu inútil título debaixo do brazo a lugariños de arriba, depositou de novo o pato na poza do campus ...
dis que era un tipo de poucos amigos.
lendas (case) urbanas.

(polo demais tarde relaxante en compaña de mr.punch, que recolle os primeiros froitos da laboriosa arte floral)

7 comentarios:

ilugris dijo...

Eu conheci-no.
Ao parrulo, digo, nom ao estudante.
Falei com ele, com o parrulo, digo, nom com o estudante, várias vezes mentres tomava café no aditório, eu, digo, nom o parrulo nem o estudante.
Perdim-lhe a pista um bom dia, que desapareceu, o parrulo, digo, nom o auditório, nem o estudante, nem eu.
; )

mariademallou dijo...

:)..pois xa che direi onde acabou...

Avogado Do Diaño dijo...

Onte saiu en salsa rosa dicindo que o rapaz pegaballe e o facia vestir con coiros e cadeas, que no fondo a el gustaballe esa parafernalia pero o que lle desagradaba era que enviase videos deles por email o rector.

From Hell dijo...

Como ti dis iso non é máis que unha lenda urbana. Todos sabemos da incompatibilidade desas duas especies de animais: os universitarios de filoloxía e os patos...
se aínda fora de económicas.

mariademallou dijo...

deus santo que imaxinación productiva tendes!!! :) un día cóntovos a lenda sobre o membro de murguía e o verdadeiro significado da negra sombra de rosalía... que esa é ben divertida.

Juanma dijo...

Hoxe chamáronme do colexio para ver como podíamos solucionar un "problema grave de timidez" que parece ter a miña filla de 6 anos.
Estou seguro que este rapaz do conto padece unha "enfermidade" parecida.

mariademallou dijo...

juanma, dille aos profes da túa rapaza que a deixen ser tímida se quere...hai cada un...