10.3.05

aulas

Intentei evitalas durante anos, pero chegados a este punto no que advirto que se non me poño as pilas non vou saír nunca de aquí, decidín volver por clase. Non entraba nos meus plans preocuparme por iso -como di o meu colega alimaña "a curso por dous anos, para que vaian ben seguros"- e non me preocuparía, de non ser porque hai pouco atopei unha reseña na que me tiñan licenciada.
A cousa resultou moi simpática porque estou a varias asignaturas de que iso sexa cando menos unha posibilidade, pero parece que me pegou o formiguiño e entráronme as ganas de rematar e largarme dunha vez a calquera outro lugar a facer calquera outra cousa. Así que hoxe volvín por clase e,como agardaba,coñezo exactamente a mesma xente que coñecía a última vez que pasei pola avenida castelao (pode ser que ata houbese outro rector daquela). E dicir, ninguén. Máis ben, unha ou dúas personas, que evidentemente, non coñecín na facultade. Tamén como agaradaba, a filoloxía continúa parecéndome o estudo trepidante que me parecía.
No instituto algún profe me contou que o importante da universidade non era o que un facía nas aulas, senón todo o que rodeaba a vida universitaria en si. Ben, esa parte xa a teño bastante explorada e ao fin e ao cabo, tampouco é moi distinta do que facía no isntituto, salvando que cando chego á casa teño que facer eu o meu xantar.
A outra parte foi a que ninguén se tomou a molestia de me explicar. No instituto debería haber unha materia na que se convencese a alumnos e familiares de que as carreiras universitarias non son o que parecen. E que despois un ten que cargar toda a vida con ela.
E en que carallo estaba pensando o día que me matriculei?
En fin, agora xa non ten volta.Concentrareime neste pensamento: a universidade meteume neste lío ela hame de sacar de aquí.
(se me poño espléndida para o ano ata pido un erasmus)
vou facer os deberes.

4 comentarios:

Mário dijo...

Conselhos para um Erasmus: Varsóvia, onde há um rio que não tem margens.

ilugris dijo...

Conselho nom, que nom gosto deles. Opiniom: deixar a carreira e a universidade, agora que estás a tempo, e fazer algo produtivo da vida. O Título, é um cartom, e o Reitor um fingidor...

ilugris dijo...

Conselho nom, que nom gosto deles. Opiniom: deixar a carreira e a universidade, agora que estás a tempo, e fazer algo produtivo da vida. O Título, é um cartom, e o Reitor um fingidor...

mariademallou dijo...

uf... e darlle ese disgusto a miña nai que tanto invertiu na empresa...non sei..;)