22.3.05

breve historia de cecilia b

Era domingo pola tarde e Cecilia B acudira á festa que celebraban en Portogrande, pero esta vez ninguén a acompañaba. De todas cantas citas coloreaban o calendario social de Portogrande esta era a máis agardada, pois na celebración reuníanse as máis grandes estrelas da emerxente industria do celuloide e as personalidades con máis influencia da cidade. A reunión tiña lugar no Gran Teatro Rexenta, convertido para a ocasión nun fastoso plató de televisión, onde se entregaban os premios ás mellores produccións e interpretacións do ano e toda a rúa se cubriu cunha alfombra vermella, grandes focos e moreas de curiosos impacientes por recibir aos convidados. A velada incluía cea, entrega dos citados premios e- o que Cecilia máis adoraba- baile ata altas horas.
Cecilia B vestía traxe de raia fina e camisa de seda e unha pequena camelia de pedras rosadas que prendera da solapa da chaqueta. Levaba dous pequenos brillantes, regalo do seu primeiro marido, e abandonara en taxi a Sala Bell- en opinión de moitos o mellor salón de beleza da cidade -por causa da choiva.
Doce minutos despois da hora oficial de inicio Cecilia B chegou á porta do grande teatro, atravesou a alfombra vermella e co seu mellor sorriso dirixiuse sen presas, saudando con pequenas conversas, ata o bar. Alí pediu un combinado de xenebra que bebeu con ansiedade e despois outro e varios máis mentres agardaba que chegasen o resto de convidados. Mentres, tomaba boa nota de modelos, acompañantes e casos das fulgurantes estrelas, que intentaban en todo momento compracela – especialmente aquelas que tiñan algo que agochar- pois temían a súa pluma que levantaba escándalos e afundía honras con facilidade abraiante.
Cando abriron as portas da sala e comezaron a sentar por estricta orde aos convidados Cecilia B xa levaba ben seis ou sete combinados, e lonxe de sentirse mareada pediu outro e retrasou a súa entrada na sala e comezou a comentar co camareiro as súas últimas desgrazas, referentes ao abandono do seu esposo, á súa inclinación polas drogas sedantes e o tedio que lle producía o seu destructivo traballo.
Minutos despois era arrastrada fora do local e introducida nun taxi que a achegaba a súa vivenda na luxosa Avenida B, depositada na cama en contra da súa vontade e atendida polo doctor valmor, que a fixo durmir placidamente.
Á mañá seguinte a súa temida columna, que era seguida por miles de lectores, non apareceu, pese as insistentes chamadas do seu editor, e no seu lugar unha xornalista en prácticas escribía unha comedida crítica sobre o filme que acadara a maioría dos galardóns.
Cecilia b foi atopada tres días despois no seu apartamento, durmida na bañeira baixo os efectos dun cóctel de barbitúricos e xenebra e ao seu carón a súa libreta de notas, onde corrixía a súa última columna que falaba das avaricias e intereses que movían as escuras tramas nas que nunca máis se vería envolta e onde destapaba segredos inconfesables de gran parte das estrelas que a compracían.
O artigo nunca foi publicado. Houbo quen pensou que coa súa morte desaparecera todo o glamour da emerxente industria do celuloide.

10 comentarios:

mariademallou dijo...

como podedes ver...sobre a realidade non tiña moito que dicir. velada algo sosa e cansada

menguante dijo...

Veo que la fiebre no te desnató el cerebro, y menos el alma...entre cecilia b y alicia...dos caras de una misma moneda

From Hell dijo...

joder que guay.. a tal cecilia B parece unha mezcla entre fany, mabel ribera y la camila bossa puesta de coca.
Vivan los mestre mattteo
graZas, graZas e máis graZas

From Hell dijo...

joder que guay.. a tal cecilia B parece unha mezcla entre fany, mabel ribera y la camila bossa puesta de coca.
Vivan los mestre mattteo
graZas, graZas e máis graZas

Juanma dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Juanma dijo...

A desolación producida por unha ruptura amorosa é o motivo polo que coido que coñezo a máis de unha CeciliaB.
Fermoso relato.

mariademallou dijo...

teño que engadir que, ao meu parecer, todo para cecilia se complica máis alá da ruptura ata o estremo da soidade máis absoluta..
alégrome de que vos guste, porque a min oque máis me gusta é inventar historias pequenas.
saudiños a todos os que pasades por esta casa.

TomTraubert dijo...

Yo conocí a una Cecilia que salía con un cocaiyón llamado Fito. Sólo espero que no sea ella.

Anónimo dijo...

Keep up the good work Sale share time Hummer dealers missouri Dr earl camping Land rover freelander spares http://www.levelcholesterol.info/zocord_lipitor.html fetish pregnant pic Most saves in an baseball season Castrate humiliate cum in mouth jimmy Hardcore orgasm sperm

Anónimo dijo...

Very nice site! cellulite Moving van companies in dextermo Bmw motorsport e46 welded cage Burdines bill pay sport betting Juniors swimsuit dental insurance 2005 subaru outback pictures New tips quit smoking Pointers tips on good web page design Vacuum cleaners upright made in germany savaria wheelchair lift Body building dotcom Mwr table tennis Gray polo shirt with pocket Ionamin best taken empty stomach hou Jenna jameson and mike tyson car covers