18.3.05

colas de indixentes


enfermou esa mesma mañá. cada trago de leite fora un martirio de alfiletes que se cravaban na gorxa e baixaban cortando as palabras ata o estómago. imaxinaba que deberían sangrar moito, pois nin sequera o mel axudaba naquel trance e levantarse foi un intento de mareos.
así que non pasou á facultade recoller os apuntamentos que a profesora deixara para ela no departamento, nin acudiu ao xantar cos convidados, que deberían estar para marchar esa mesma tarde ou a mañá seguinte. iso case o agradecía, porque levaba toda a semana regalando o estómago con fritos.
quedou na casa lendo unha novela con ánimo de atoparse mellor para a cita da tarde, recoller as entradas e ir ao teatro.
desexaba saír da casa,porque estar na casa cando un non o desexa é sinónimo de enfermidade. pero a imaxe do fin de semana que agardaba detrás da porta do cuarto só axudaba a subir a manta ata as orellas e concentrarse en soñar que non lle doía nada. demasiados autobuses e aínda unha velada de domingo para a que non atopaba roupa no seu armario. víase aguantando a enfermidade ata o luns.
só se ergueu para poñer un disco e inventar un xantar benévolo coa dor.
na cadena sonaban os enemigos.
colas de indigentes corretean por mi garganta...
colleu o teléfono coa idea de anular todos os compromisos. pero antes parou no ordenador.

8 comentarios:

diablito dijo...

ponte boiña, peque.
sorisos para que sandes.

d.

From Hell dijo...

carallo que mañá máis deprimente tivestes berlina. Deberías chamar ao teu blog From Hell II e non casa atlántica.
saúdos

mariademallou dijo...

xa ves, por aquí pese ao quecemento climático, o temporal sigue sendo a tónica...

TomTraubert dijo...

María, si no existieses habría que inventarte, como decía no sé quién de alguien. Pero yo soy sincero, y ese puré de poteitos tenía buena pinta. Es broma. Kisses

menguante dijo...

Pues, no es por joder, pero yo me encuentro mejor que nunca. Me están entrando ganas de comprame el último de TONTXU y todo. ¡Meeeee..!

Mamá de María de Mallou dijo...

mama encontrouche outra ves.non deberias deixar dar contigo con tanta facilidade.

Anónimo dijo...

That's a great story. Waiting for more. »

Anónimo dijo...

That's a great story. Waiting for more. tuner bikini contest pics cd changer modulator Pissing storys Galleries tiny breasts used audi a8 ultracet Cell phone guns at airports