10.3.05

revolución e milagros

O home que mengua pasa polo meu correo e deixa unha nova abraiante.
Resulta que tanta revolución e tanto heroe de playa girón non dan máis que para celebrar o día da muller traballadora a golpe de triste tópico.
Isto foi o que tal cavilou o presidente caribeño para agasallar ás mulleres da nación; unha muller unha pota. Todas terán a súa pota a presión, subsidiada, iso si, fortemente polo goberno que con esta medida deixa claro onde está cada un. A muller ganado liberdade na cociña, o home lonxe destes menesteres coma da morte mesma e fidel preocupándose polo benestar social. A saber polo de quen...
O caso é que o asunto promete cociñas eléctricas e outros avances, que digo eu que iso está moi ben, pero non só para as mulleres, porque aquí para botar sulfato non pero para comer sempre hai xente. E de darse o estraño caso de que houbese unha cociña na que non houbese unha muller, han de quedar sen pota? será que esas son as maiores inquietudes da muller da illa? ou será que o goberno, comprobada a pouca habilidade do home para a mecánica doméstica, considerou que era un estrago entregalle a eles os electrodomésticos?

E estes son os milagros da revolución... é que deus dalle potas a quen non ten arroz.

1 comentario:

From Hell dijo...

estas confundida María... as potas a presiòn non son para cociñar, son para artellar bombas e envialas a Miami sen remitente.
Que pouco sabes de politica de repúblicas bananeras.
Hank.