7.3.05

semana

a ver se me sorprendes

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Trunfarás de guapa e falarás moi ben do que che convén. Cuidado cos proxectos excéntricos.


Diez Minutos

edu dijo...

ÍTACA

Cando saias de viaxe cara a Ítaca
prega para que o teu camiño sexa longo
e rico en aventuras e experiencias.
A lestrigóns e cíclopes,
ao colérico Poseidón non temas,
pois non vas topar con eles na túa rota,
se o téu pensamento é elevado, e limpa
a emoción do teu corpo e do teu espíritu.
Non has atopar nin lestrigóns, nin cíclopes,
tampouco ao fero Poseidón,
se non os levas xa na túa alma,
se non é a túa alma quen chos pon diante.

Prega para que o teu camiño sexa longo.
Que sexan numerosas as mañás estivais
en que arribes xovial a portos nunca vistos.
Detente nos emporios de Fenicia
para adquirir mercadorías fermosas,
madreperla, coral, ébano e ámbar,
perfumes deliciosos e diversos,
-inviste neles todo o diñeiro de que dispoñas-.
Vai e visita moitas das cidades de Exipto
e aprende, aprende con avidez dos seus sabios.

Conserva sempre Ítaca no pensamento.
Chegar alí é o teu destino.
Mais non teñas nunca présa na túa viaxe.
Mellor será que dure longos anos
e, xa vello, arribes á illa,
rico polo proveito do camiño,
sen agardar que che enriqueza Ítaca.

Ítaca deuche unha fermosa viaxe.
Sen ela non terías principiado o camiño.
E xa cousa ningunha pode darche.

Aínda que pobre a atopes, non te enganará Ítaca.
Rico en saber e vida como vés,
xa comprendes o significado das Ítacas.

Konstantin Kavafis

mariademallou dijo...

así o farei sr. kavafis, polos seus consellos

edu dijo...

non era un consello, ho! era só un poema que me parece moi moi bo para que a semana fose fluíndo con calma.
;-)

menguante dijo...

en fin, voy a intentarlo.
Acabo de oír que Clint Eastwood
va a someterse a una operación de cambio de sexo.
Quiere pasar de macho republicano a chica demócrata.

¿cómo lo ves?

un bico

diablito dijo...

bicos para que está semana esté chea de sorisos e ledicias para ti, mariquiña atlántica.

d.

mariademallou dijo...

non sei que contestar señor que mengua...
gracias edu polo poema ;)