26.3.05

visitar o mar

subía a marea das cocas e a lúa engordaba ben, que eu a vía dende a morosa de mallou, pero o tempo non se puxo a xeito para os arneiróns, nin para madrugar nos días santos.e a luz de fisterra mar adentro anunciaba a borraxeira que non respeta nin o cristo -aínda que xa antes sabiamos do nordés polo sal, que amolecía no paquete- nin as merendas familiares na pedra dos furados, alá no alto do castro.era deste modo que o sábado de gloria chamaba polos remedios.dende a marea que move a lúa que máis baixa. a mellor para que o mar o habite a un.
só para iso volvo aos lugares que teceron os días espesos de novembro. alí asisto á primeira vez que a miseria nos batiu no rostro coa forza do salitre. recordas? andabamos camiños estreitos que só sabían os percebeiros e o temporal non daba calado.case coma agora...

2 comentarios:

mariademallou dijo...

e ademáis LUME!, unha boa nova que naceu estes días. gracias rubín e matumbeiros. cando chegue á terra das arañas eléctricas saudareivos dende a virtualidade.parabéns.

diablito dijo...

esperase o saudo con ilusión e o mellor dos sorisos, presto!!!

bicos linda!

d.