20.4.05

camiño de badaxoz

na autopista alterno a biografia de reinaldo arenas coa paisaxe. a media maña pasamos sevilla, a que vexo de lonxe estirada ao sol. estrañome ante as gruas e contedores nas marxes do rio coma se coñecese o mar a cidade, e o turbio das uagas que baixan serenas. ao lonxe recoñezo polas fotos a xiralda, que se ergue entre as casas acumuladas, postas ao clareo. pero dende a autopista sevilla e so arrabaldos cunha sombra de ouro e olivos demasiado distante. nos arredores o campo engana a ribeira con arbores de sombra minima en ringleira, cuadras, picadeiros e poligonos. e toneladas de escombros dispersas en pequenos monticulos entre os que de vez en cando pasa algunha besta famelica. a brilos de sevilla semellan un espelismo no fondo do horizonte. tamen vexo algunha familia que asenta casas de laton e plasticos que amarelan. construen un patio parea os nenos que xogan a recoller misterios entre as contruccions abandonadas.
cando un bordea unha grande cidade e a mira ao lonxe tan so ve as sua miserias. e quilometros de cable tendido entre torres de metal que rodean as casiñas brancas coma vixias. e nos tendidos, unhas bolas vermellas que se incrustan no ceo tapando a vista das nubes.
pronto pasamos de largo.

5 comentarios:

From Hell dijo...

Dicía un gran poeta unha frase que resumia ben as partes das cidades: " Haberá ricos e pobres... pero o sol sae polos arrabaldos da cidade e ponse pola parte alta, onde irremediablemente, deixa ao descurberto todas as miserias dos grandes homes"

menguante dijo...

Una vez viaje por una carretera muy parecida a esta, fue hace años en VIAJES CON CHARLIE de JOHN STEIMBECK

mariademallou dijo...

un libro precioso, por certo, que aínda teño no meu haber...

menguante dijo...

Y así debe ser.

Anónimo dijo...

Enjoyed a lot! » »