10.4.05

cartas de navegación



ao final a semana remata atlántica e inqueda coma o nordés, entre o sol e o peso das nubes, que aploman o meu pulso resentido.
a mañá do sábado almorceina con boa xente, apurando autopistas e a ocasión de vernos, e coa marea da tarde achégome a portoabrigo e caio no abrazo grande de lu, que me coida como só ela sabe de ben co seu sorriso. atopámonos nun número par dalgunha das rúas que suben, alí onde a cidade ensina as súas lencerías de trandeiras equilibristas e tellados para antenas e gaivotas. pasa a tarde tan amable entre as catro que nos xuntamos. do da manifa, que esquecemos, enterámonos despois. tamén me fan a crónica da festa das maribolheiras que eu cambiara a noite antes polas faltas de ortografía de diego cousillas . non me apurei para o concerto - por non apurar tampouco a saúde- pero aínda tapeamos por uns céntimos- esas cousas que ten a cidade cando é vella- antes de despedirnos ata pronto e sen que a madrugada nos colla. eu quedo con ana, que lle debo tan boas horas e edredón nórdico e madrugo. viaxo cara a casa, a familia.
na costa o vento sempre sabe a mar bravo. como se cada día estivese a treboada agardando no horizonte pola marea.
aquí de volta,estraño.

4 comentarios:

From Hell dijo...

Que bonita es LA CORU... oé,oé,oé

mariademallou dijo...

hehe... como cheentrou a nostalxia eh!...

TomTraubert dijo...

I´m sorry María pero te voy a robar los últimos versos de tu "cartas de navegación". No sé qué haré con ellos, no sé cuántas miles de importancias podría comprar si los vendiera, si tuvieran precio. Lo siento Mary pero te voy a robar unos versos. Sabrás perdonarme. Muac.

mariademallou dijo...

claro que si. eu disimularei botalos en falta.