26.4.05

despedirse de federico e volver

.
na miña granada todo se conxuga para o poeta, a lúa grande sobre a serra, a noite silenciosa, as portas abertas á tarde.
hospedámonos preto da primeira casa, entramos no cuarto, na cociña, no patio soleado de pozo de auga e limoeiro. e andamos as rúas que rematan antes dos chopos, que se esquecen no pó dos camiños e tutes ao sol. alí preto está o teatro,cheo de acentos estranxeiros, onde nos agochamos cando cae a noite. o fin de semana pasa como os avións na distancia. coa falsa impresión da lentitude.
onte volvín e alguén agardaba por min. coma a choiva, miña nai sempre me agarda en abrazo cando regreso casa.

8 comentarios:

Avogado Do Diaño dijo...

benvida a casa. polo que lin, fixemos unha viaxe moi entretida, educativa e agotadora. se sacaches fotos xa as amosaras. unha aperta

From Hell dijo...

que sorte!! o de ver a casa de García Lorca, digo. bueno, e o abrazo da túa nai tamén, claro.
Benvida á terra

Juanma dijo...

Pois eso, benvida de novo.

mariademallou dijo...

e eu tamén me alegro de que me reciban.

lehia dijo...

olá maria! e andarás con tempo para o da cea? está pendente, xa sabes, eu marcho o xoves que ven a barcelona, andara vostede con tempo? bicos, e desta vai,z

TITS dijo...

joer que profunda eres marikiña, esa españa casta te inspira, verdad? jeje.
besos republicana de nacimiento e juerguista por defecto.
gooonnnngggg!

mariademallou dijo...

ai pois non moito tempo esta semana lehia...pero a partir da que ven mellor...
e un saudo profundo para vostede tits!!!

Anónimo dijo...

Keep up the good work Creda conventional ovens Vw cd oven fresh pizza web site Volvo auto body parts Call center colorado job vitamin k cream philippine call center industry Cingular phone prices Amateur frequencies radio Pirate tv cards free game online play scrabble Field make own paintball Gambling addiction horror stories Didrex 50 free shipping Floor mats at shopping.com Generic hepa filters 60285 htm