6.4.05

- e de poesía, canto?

- pois... de poesía póñame quilo e medio. pero córteme todas as páxinas en dima4 e póñamenlle a todos canutillos ou espirais desas dos cadernos, que con clis son un estorbo para xente coma min,destartélanse e despois non entendo os poemas... todo me parece vanguardista... e non me poña letras inglesas de dous pauciños nin tipografías minúsculas de miniatura chinesa, que se me asusta a miopía só con pensalo. e nada de folios de cores nin mariconadas polo estilo eh!

-e se lle poño un poema por páxina?

- home, iso xa é luxo....

- pois aí ten señora. vaille un pouco de todo.

e así foi como me fixen cun monte de poemarios que me miran de reollo. en iso ando, e na enfermidade das baixas presións, e por iso non ando por aquí.

9 comentarios:

diablito dijo...

coidate, pequena, e valor e sorte con esa torre de poemarios, e para outro ano, comentalle os que poñen as bases que un dos requisitos ten que ser que veñan grapados.

bicos.

d.

From Hell dijo...

eu xa sabía de sempre que ser xurado dun certame literario no era nada bó para a saúde...

mariademallou dijo...

pois non moito...o caso é que un dos que máis me gusta se me destartelou efectivamente,como era de temer e agora non sei como hei de facer para poñelo todo por xunto!
ai...que cousas me pasan....

Avogado Do Diaño dijo...

a parte das grapas vai a ver que ensinarlles a paxinar ou a poner pes de texto, mira que os de mocosoft gastaron cartos pra facer un axudante para o word, si o maldito clip do carallo, ¡¡e queres ver que ningen o usa!!. sorte co puzle. pd a min na escola colabame que o can comera os deberes, ou e nas peliculas onde cola ....

mariademallou dijo...

pois é ben certo que o dos números a pé de páxina era un acerto...pero esta reflexión non é coña, se algunha vez mandades algo a un concurso..coño! entendede que os xurados son personas humanas e algunhas, coma min, patosas!

menguante dijo...

Tú no te preocupes, no creo que se acuerden de lo que escribieron.
Y si se acuerdan que lo vuelvan a escribir.

alberte momán dijo...

eu son dos do luxo. Logho pasei o exame.

unha aperta

mariademallou dijo...

si que o pasache alberte! un día con calma xa che conto!!!saudiños

Anónimo dijo...

What a great site » » »