20.4.05

en badaxoz

en badaxoz xa doulle unha volta equena a cidade, xa que non temos moito tempo e maña xa marchamos para plasencia. non teño moito que dicir deste lugar seco ao que non lle dara tempo de me enamorar, ainda que admiro o silencio das ruas, os nenos que xogan e a familiaridade da parte vella que regalan sombras e algunha igrexa solitaria, ainda que non a dou atopado no mapa que me deron no hotel.
paso por un ciber e decido postar. no hotel hai ordenador pero non funciona. xa ves. unha vez alguen me dixo que estremadura dentro do ranquin de comunidades subdesenvoltas estaba ainda por baixo de galicia. creollo ben. no ciber que estou teñen un virus- iso me dixeron- e non funcionan as tildes. pero segun o encargado podo escribir igual e poñer unha nota aclarando iso ao final do texto.
pois iso.
vou para o teatro, que e onde mellor se esta.

7 comentarios:

menguante dijo...

Toma María un montón de tildes para ti.

,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,

From Hell dijo...

en realidade o estado español divídese así: Cataluña, Euskadi, Madrid, Navarra... por un lado. E polo outro os demais mortos de fame...

máis tildes for you:
´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´

mariademallou dijo...

oh...gracias ;)

Anónimo dijo...

jajajajaja
Anda vostede facendo a ruta da miña vida, Cádiz, Badaxoz...
Se tiran hacia Mérida, avise :D.
Sorte :)
Respecto do comentario de From Hell, penso que o estado español, ao contrario da dictomía norte-sur de outros países, resume a súa desigualde na división este-oeste.
Mesmo dentro da propia Andalucía, as catro provincias orientais son outro mundo.
Saúdos para todos.
Hai Cada

ST 67 dijo...

Probaches o viño?

mariademallou dijo...

ai non, non catei o viño. para máis comín fatal nun hotel no que nos hospedou a desorganización e ata tiven que discutir co camareiro que a tomou comigo porque non lle quixen comer a tortilla francesa da noite... señor! que xente tan arisca...menos mal que so botei un día.
da proxima vez cae o viño seguro.

ST 67 dijo...

O tinto é forte, un bocadiño dóce, coma o da Mancha, e algo subido de retropeido (14º ás veces... :)