26.4.05

en ruta

a badaxoz salvouno para o recordo a tranquilidade de cucos da alcazaba. a pesar dos andamios e a comisaria de policía ten as mellores vistas dos tellados brilantes da cidade. o resto foi visita de médico e bronca co camareiro do hotel. menos mal que pronto chegamos a plasencia, rosas e laranxos, onde escribimos nas paredes do alkazar os nosos nomes e desmadrugamos a noite enteira polas rúas que traman a cidade vella.
para rematar os días entrar en granada.