18.4.05

entre cádiz e o ceo

entre cádiz e o ceo só hai oceano e a brisa xusta para despeinar os tendais da cidade tan tranquila. nestes tres días a cidade deixouse percorrer polas rúas estreitas onde o sol se deita entre os xeranios, polas prazas que se enchen,pasadas as sete,de adolescentes malotes,escúters que rompen a tarde, minisaias de cores brilantes e tabernas de viño e partida. o mellor é botar a andar polas rúas sen pretender que che leven a ningures e entón,ao dobrar unha esquina, aparece un parque de sombra fresca que agarda polo verán, un mercado de flores ou simplemente o mar que bica os pés da fortaleza. ás noites estiran as súas horas intentando o frío sen conseguilo e entón non hai máis remedio que armarse de valor e cañas para saudar a madrugada.
pola nosa parte, e seguindo a máxima de donde fueres haz lo que vieres, entregamos a noite do sábado ao tremendo botellón que se celebra nas prazas cercanas ao hotel. o cóctel inclúe agradables vistas, vodka económico feito en málaga, e adolescencia desenfrenada. aos poucos minutos constantamos con horror que somos de entre miles os máis vellos e decidímonos a pillar pronto, e con bastante sorte, e apousentarnos en tabernas máis animadas, onde o chan non está cheo de cristais, as botellas non teñen a habilidade de voar e as copas, como non, van carísimas.
o domingo achegámonos á caleta, que che ven sendo o riazor de aquí pero coa auga a mellor temperatura e como corresponde á miña condición de turista deixo que o sol me queime un pouco e botamos un julai-bol bastante patético. hoxe tócalle de queimarse aos da peli de alatriste, que teñen a praia e o castelo tomadas.esta mañá achegámonos por alí coa idea de cantarlle aquelo de vexo vigo vexo cangas, pero non temos moito éxito entre os asistentes á rodaxe, que agardan ao sol a chegada dos artistas.
despois adico un bo anaco a buscar un ciber no que non me tanguen e caio nun salón recreativo cheo de bingueiros,limonciños e ruido de engulir moedas.ciber para maiores de 18 anos. flipei.
mañán estamos na central lechera, sala que no ano da explosión en cádiz servía leite para as familias dos barrios destruídos e agora está convertida a teatro.a súa publi e moi parecida á da nasa. miro se teñen páxina web. non. non sei de que me estraño...

9 comentarios:

menguante dijo...

Cojonuda la descripción.
Me llega el olor a pesaito frito hasta aquí, en el puto centro del POLIGONO DEL TAMBRE

mariademallou dijo...

de pescaíto e de viño branco nos poñiamos bos aquí ti e eu... que ben se vive algunhas veces...un bico de sol

mariademallou dijo...

de pescaíto e de viño branco nos poñiamos bos aquí ti e eu... que ben se vive algunhas veces...un bico de sol

TomTraubert dijo...

No sé porqué me da que entre sorna y finitos te has desvestido de esa sarna gallega que los románticos llamaron morriña. Me alegro. Aquí hace frío y llueve, no sé si en ese orden. Besos

From Hell dijo...

xa tes un primeiro capítulo para un libro de viaxes... sempre e cando o resto de capítulos sexan tan bós coma este.
Debeche sentar ben o sol do sur... a min o frío e a choiva do norte tan só me levan a coller gripe.
bicos

mariademallou dijo...

non é por dar envidia...pero estou queimada en abril!! saudiños para todos!!

Anónimo dijo...

Se bebedes viño branco sodes moi, moi turistas :). Vivín en Cádiz tres anos e alí a xente toma cervexa sempre, menos en Carnaval que algúns cambian ao manzanilla. E algúns días desagradables do inverno que igual se lles da por un Canasta Cream.
Saúdos e gozade da cidade.
P.D.:Moi cerquiña da Central Lechera tedes un dos mellores sitios de tapas de todo Cádiz, o Cumbres Mayores... totalmente recomendable.
Hai Cada.

mariademallou dijo...

vai... o consello de hai cada vexoo un pouco tarde...pero agradecese de todas maneiras. si que eramos moi turistas... pero que se lle vai facer. cadiz de calquera maneira e precioso

Anónimo dijo...

Cool blog, interesting information... Keep it UP »