24.5.05

autopoétiva vs.1.0

Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a donde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia.

6 comentarios:

menguante dijo...

y luego están los monstruos marinos de los que todos oímos hablar pero nadie vio jamás.

Cojonudo

mariademallou dijo...

eses que se di que viven nos arrecifes de adxectivos... gracias

From Hell dijo...

Bueno, eu discrapo da maneira de abordar un poema... a min o báter dáseme de coña para iso.
De todos os xeitos, fermosísima metáfora do puñetero mundo poético.

TomTraubert dijo...

Pues yo pensaba que los poemas, como cualquier otra enfermedad venerea, venían de París.

TXARI dijo...

Muito chopo semellas tes no sesto, quisais de nuites de non durmir, ou daslle á cana indistintamente?

Anónimo dijo...

Looking for information and found it at this great site... Canada call center Free canada tax online Buy fioricet nz labour to limit maori claims adipex+diet+diet+pill+prescription+strongest Ice machine model number cm250ae-1e Uh scholarships Xanax warnings geo-thermal heating cost Going off prozac George costanza answering machine Brava for breast enhancement Link domain acyclovir online purchase a biz Paxil 25mg boards chongqed Arlington cosmetic surgery center arlington tx