28.5.05

desta que vaia xa







por sorte ou por desgraza, nos últimos días advirto entre os que me rodean un clima de esperanza, unha ilusión por cambiar defintivamente a sorte do país, cousas que me fan pensar que non son uns poucos sós os que queren que isto cambie. ás veces cando me ergo polas mañáns penso se non será que vivimos nunha pequena burbulla e despois do 19 todo volverá ser o mesmo. aínda que así fose eu xa me daría por satisfeita só de saber que somos moitos os que abrimos a boca para berrar forte. mentres asisto á aparición de novas iniciativas que tamén reclaman o boto para os botarates que nos malgobernan. hoxe mesmo preséntase o manifesto desta vai nun acto previsto para as 12.30 no teatro principal. o manifesto está promovido por varias asociacións de caracter diverso e veñen a dicir maís ou menos o mesmo que moitos pensamos; que hai que botalos, pero hai que botalos xa, antes de que sexa demasiado tarde e acaben con nós e coa nosa saúde.

5 comentarios:

menguante dijo...

Como siempre llego a destiempo, espero que haya sido un éxito por el bien de todos.

From Hell dijo...

Desta vai... desta deixan de servir garrafón nos bares para sempre...

Anónimo dijo...

"desta vanse
daquela vanse
de todas todas se van..."

ou como dicía la polla_r
"ellos dicen mierda,
nosotros amén"

anarcofá

Avogado Do Diaño dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Avogado Do Diaño dijo...

Levo mais de dez minutos escribindo e borrando todas as cousas que me pasan pola cabeza en torno a este tema, e a idea que teño e que da o mesmo o que vote xa que viran non só os velliños enganados polos terratenentes senon tamen as terceiras ou cuartas xeneracions de herdeiros galegos pra votar o lado escuro ou peor ainda os resucitados que non seria a primeira nin a ultima vez