25.5.05

HQB ou como ser invisible e berrar.


Aínda que a maioría dos medios, incluídos os que puxeron a parir a película antes de vela, non o digan, HQB está superando todas as espectativas, o que parece indicar que no lado escuro da forza hai muita xentiña de dios. Encheuse ata os topes o teatro, e quedaron espectadores á porta, nos dous pases programados para o día da estrea o que supón que máis de 800 personas se achegaron ao principal a ver o filme. O número de descargas na páxina web non para de subir e mentres escribo isto ronda as 25.000 peticións entre as 24 curtametraxes. Isto unicamente significa que esa cifra foi o número de veces que se clicou para comezar o proceso de descarga, pero o que é claro coma a auga é que dende domingo ata hoxe unhas 14.600 personas visitaron a web, e non leva trazas de parar. No emule o panorama pinta parecido e axitado, se un atende aos comentarios deixados polos usuarios, e ao correo de arredemo non para de chegar formularios con ofertas para organizar exibicións, tantos que se lle calculan uns 2.000 dvd’s en circulación. E isto sen ter en conta a xente que pode copialo e distribuílo ao seu antollo por obra e graza do copiceibe.
Hai todo un exercito cidadán implicado en proxeccións non só por todo o país, tamén en Barcelona, Madrid, Valencia, Canarias, Berlín, Londres... e moitos sitios máis, que para iso os galegos levamos séculos facendo patria lonxe da casa. Hoxe mesmo a película pódese ver en varias facultades de diversos campus, nunha proxección expansiva que pretende extenderse a toda Galiza o día 4 de xuño. E aínda hai que contar os numerosos sitios da rede, especialmente os blogs galegos, nos que se poden atopar referencias a HQB e á campaña de estimulación do boto. Dar un paseo por eses sitios é un bo exercicio para confirmar, por se alguén lle quedaban dúbidas, que isto non é cousa dunha rabieta de catro radicais chic.
E fronte a todo isto, sepulcral silencio da maioría dos medios.
É triste. Triste vivir nun país no que sistemáticamente se despreza a voz do pobo, é difícil ser cidadán así, con tantas cousas en contra. E que aínda nos fagan crer que isto é o que merecemos roza o insulto. Son eles os que non nos merecen.
E quede ben claro que aquí non hai partidos que manden. O boto que se pide comeza cun b maiúsculo e co outro cada quen que faga o que vexa. Que aquí os malos somos moita, moita xente que pensamos que era bo que esta burla rematara dunha santa vez.

10 comentarios:

menguante dijo...

Ojalá.

From Hell dijo...

Que ben escribes cando queres... ruliña
Agardo que as cousas marchen ben para todos e Fraga poda disfrutalo na soidade do Valle dos Caídos.
saúde

mariademallou dijo...

grasias polo piropo. foi un arranque de mala hostia e saliume así.queden descansada....

Juanma dijo...

en épocas electorais suelo desconectar pra non enterarme de nada. Xeralmente voto, caseque por costume, ao mesmo partido e non me interesan pra nada as promesas que fagan nestas datas.
Porei a traballar o emule.

comochoconto dijo...

Fantástica crónica.

Porqué nom a publicas em arredemo??

Acho que ia fazer-nos bem a todas as arredemas le-la.

lehia dijo...

que forza maria, da ghusto escoitar as túas palabras, que até dan ganas de manifestarse :) Coidate, e si, si, fraga non celebrará nada desta vez...

mariademallou dijo...

gracias a carlos, o máis rápido dos arredemos, o artigo xa está en arredemo.info. alí podedes ver tamén as declaracións de fraga sobre o asunto, que aporta novas perlas escollidas da clase adxectiva como 'morralla' e 'xente da incultura'. aínda que eu sigo preferindo o de radicais chic, que me chista máis por 'pormoderno'. e si, 'cualquiera que vea eso'(supoño que acurtametraxe punto final,sobre a biografía de fraga) só pode 'darlle asco', coma el di, pero... cada un ten que cargar co seu...

ilugris dijo...

Mária: tenho umhas fotos de Chantada, que queria enviar-che. Mas nom tenho o teu co-e. Escreve-me para ilugris arroba ghotmail ponto com, e com a minha resposta mando-chas.
Quanto ao HqB, noraboa! e muita sorte.
Será possível fazer umha proxecçom em Ponferrada contando com algum dos ou das responsáveis?

Saudos e próspero 19 de Junho!

txari dijo...

Cos discos deberían envíar tamén un reprodutor para que a terseira idade e xentes sen recursos puideran asseder Á VERDADE SUPREMA xaquelojo son os que máis nesesidade teñen de informarse pois son os que votan pero non BOTAN... É UMA IDEA!

Anónimo dijo...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! » »