3.5.05

martes de estrañeza


a pesar de que me ergo cedo non me dou aire dabondo para chegar a primeira clase e a segunda pérdoa facendo cola en correos, onde por fin me decido a enviar o libro que levo cargando no bolso dende a semana pasada. perdida a clase enredo na palavra ata mediodía e ata merco anxos para outro regalo. xanto soa e mal, maldecindo a idea que tiven de vir de tenis. serei torpe.
da desisdia do mediodía só me rescata un café fugaz en cas mr.punch. de alí saio con calma a onde quedei co nenoO para un deses cafés que se estenden na paisaxe da tarde. gústame escoitalo falar, comentamos dos libros que viaxan por correo. dígolle que estou escribindo e regálame unha novela.
antes de marchar, que xa levo algo de apuro, ensíname algo sorprendente.ten esa habilidade deliciosa. marcho, xa quedaremos.
cos pés dabondo mollados para a maldición pública entro na autoescola, minto vilmente para que me den os tests de ir o exame e vou baixando cara a burla, que formiguea ademáis de estar especialmente inspirada. reúnome moi a gusto ata que hermanos ferrín chama por min para a casa.
na silenciosa terra dos arañóns coma puños paro a ler o xornal no de pepe e reflexiono.
que idea tiña cando me levantei?

8 comentarios:

diablito dijo...

ánimo pequena, os martes sempre son un dia de transito, a semana comeza sempre en mercores, calquer mortal con dous dedos de frente o sabe, bicos e flores contra a desidia.

písalle o peito!

d.

mariademallou dijo...

gracias diablito, foi un martes raro,deses que fan temer un xoves de resaca...

diablito dijo...

la resaca nunca es mala si la marea te ha llenado de sonrisas la noche, y si no, te invento todos los cuentos del mundo para que cada dia sea fiesta,

ánimo!!

d.

mariademallou dijo...

por se a alguén lle inetersa a fotografía é do libro de r.queneau onde se poden compoñer 100.000.000.000 de poemas, onde ademáis se pode atopar un cálculo estimativo do tempo que levaría lelos todos. algo así como unhas cantas vidas estándar ( a de fraga sáese do común, non entra na conta)

From Hell dijo...

como diria Lou reed... un día perfecto.

Anónimo dijo...

hola el lunes vas avenir anuestro colegio nos vemos chao

Anónimo dijo...

ola que hai cuando vengas el lunes no nos aburras no se me ocurre nada mas para escribirte pero eso si leenos un poema guapo chao

Anónimo dijo...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it zoloft weight gain Fioricet sude effevts wav file answering machine message Life assurance cover us broker boise life insurance agents No fee internet merchant account shopping cart long term care insurance nicotine tests buick casting numbers Look for dental care savings choice of plans Womens necklaces jewellery