6.6.05

as primaveras máis da aelg

Para celebrara as súas 25 primaveras a asociación de escritores en lingua galega reuniuse esta fin de semana cun programa que resultou bastante máis animado do que seguramente se supoñía nun principio; coas previsibles mesas redondas e conferencias, ao que se lle uniron manifestación contra a milolores, proxección da película máis pirata do país, pulpada e ata arenga incomprensible do santopatrón, que se cruzou no noso camiño. Menos mal que no recital músico poético durante o que fixemos a dixestión domingueira nos dou tempo de esquecer a terrible visión e as poucas palabras que entendéramos.

En canto ao congreso supoño que non pretendía ser moito máis que unha celebración da súa intensa traxectoria, e da xuntanza agradezo a oportunidade de conversar con xentes que só coñecía de lonxe - aínda que diga Reinaldo Arenas que é así como se deben coñecer aos escritores- e de ver nos ollos daqueles que lle viron os dentes á historia. Estou agradecida, si, gústame escoitar a quen ten cousas que contar, admiro o diálogo. Pero con todo, e sendo francos, creo que tanto esforzo en mirar o embigo do pasado non leva moi lonxe se non hai quen poña a vista un paso alá do presente, ese que corre cara o futuro a cada minuto que pasa. Porque camiñar tamén consiste en imaxinar dende aquí que desexamos atopar máis alá do horizonte, e parece cousa de velorio- de fermoso cadáver, si, pero de velorio- que todo sexan pretéritos cando a festa é de aniversario.
Sendo clara ademais de franca botei en falta xuventude. As razóns supóñoas diversas, nesta leira os ferrados repártense entre os que non están e os que non se preguntan porqué. O caso é que volvín pensando que a penas se abriu un chisco fiestra pola que han de entrar as milvecesmil primaveras máis.

9 comentarios:

From Hell dijo...

Bonito texto... aínda que sabes o nome que para min teñen as xuntazas de escritores é outro: Chupadas de polla mútua
ou
mira que escribes ben fillo de puta cabrón...

falsos que son os maricóns...

mariademallou dijo...

pois si, iso de lamberse é do que máis se fai nos congresos,unha pena... o que é incríble é que 'pra catro vesiños que somos e andamos a mal entre nós'...
...paisiño...

aspasiademileto dijo...

é UNHA MÁGOA o de lamberse, o de criticarse entre os propios... Ao final semella que non hai nada de fondo e négome a pensalo.

mariademallou dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
mariademallou dijo...

é unha pena (ver xerais e estravís), si, que a xente non lle vexa máis humor as cousas...
;)

edu dijo...

pregúntome se o de mirar para atrás non é un síntoma.

ti ben dis, que para camiñar hai que imaxinar o que queda diante. e se non hai esa imaxinación só quedan dúas opcións: o sonambulismo e a doce morte.

o dito, creo que é un síntoma.

ilugris dijo...

Pois eu ia estar, mas finalmente nom puidem ir. Sentim-no, sobre todo pola oportunidade perdida para ver amigos, amigas, e outras pessoas.
E porque sempre está bem escuitar o que dim os outros.
De todas formas, já me chegaram alguns comentários no mesmo sentido que tu fas.
O que di o Edu: vai ser um sintoma.

mariademallou dijo...

pois se vai ser un síntoma, haberá que ir atallando o mal...

Anónimo dijo...

This is very interesting site... » »