2.6.05

feliz día de verán sr. hank

antes de que o día remate, cun chupiño de lume ourensán en alto, poño unha canción e brindo polo día no que nos coñecemos e nos parecemos tan friquis, e polos que viñeron despois que amenceron de moito cariño e máis amizade. brindo porque veñan moitos máis e nos collan ao abrigo do teu abrazo, armados co teu sorriso que levanta as nubes máis grises. que veñan os días e nós, que os vexamos xuntos pasar.