29.6.05

a ilusión

días de tanta festa e eu estudio, non me queda outro remedio, e rompo a cabeza contra a historia da lingua que seguramente me parecería máis interesante se non tivese que aprender uns cantos séculos nunhas poucas horas. aínda así gardo a ilusión- e a esperanza-, que é iso que nos fai tan libres e nos axuda a pecar de inocentes.
cando me alegrei tanto alguén me dixo sen malicia que son demasiado inocente. será.
e que? a min gústame ser inocente, non lle atopo nada de malo a agardar das cousas algo bo e agardalo sempre coa ilusión entre os dentes. e tampouco podería erguerme polas mañás se non fose así, nin saír á rúa a berrar alto, nin pelexar contra as miserias que nos rodean, nin estudiar sabendo que me queda máis materia da que pode dar lido un ser humano en doce horas, nin sorrir, nin nada.
a ilusión é o que ten, o que vén non será o mellor, pero ela sempre está aí para que desexemos mirar máis alá. e é por iso que me alegro, que hai días xa que non podo sacar este sorriso parvo e que non me concentro nada na evolución do consonantismo. porque conxugamos o lume e o sol saiu unha miguiña. e por iso mañá vou ao exame, e pasado ver aos embaixadores do licor café, e penso celebrar a miña inocencia. brindarei por ela e pola de todos os que me sorrían.
teñan vostedes un pouco de ilusión, loiten por ela, e todas as penas parecerán menos.

16 comentarios:

Avogado Do Diaño dijo...

que teñas sorte no examen, e non te preocupes da materia, por que nos examens nunca entra o 1º nin o ultimo capitulo polo que de pronto xa che queda menos

Saude.

diablito dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
diablito dijo...

e mantén sempre a ilusión, peque, que eso é o único que. pese a todo segue ahí.

d.

mariademallou dijo...

diablito, pola amizade que nos une agradezo os ánimos...pero creo que confía demasiado na sorte... a teoría do avogado paréceme máis acertada, a ver se por aí temos éxito...

mariademallou dijo...

grasias a ambos polo ánimo grande

menguante dijo...

Si no hay ilusión, no hay vida.

From Hell dijo...

Di que si... ilusión y whisky

gardacostas dijo...

Grande
vai cara alí enriba o exiliado, o
calcinado: un pomerano, na casa
na canción da mariquiña, ficou o maternal, de verán, claro-
ensanguentado no límite
de todas as sílabas,
ásperas, duras-frías
como o inverno.

Mário dijo...

O mar estava sem espuma, liso, extremamente brilhante, resplandecente. Cada onda era como uma grande telha de ouro que se erguia, que avançava. (Pascal Quignard)

mariademallou dijo...

vaia vaia...que ben que comezo a xuntar poetas por aquí... :)

TomTraubert dijo...

Bien mirada la ilusión no está mal, aunque particularmente prefiero algo con más juja, bien mirada, no está mal.
Salud, madrina de poetas

mariademallou dijo...

e de novo felicitacións, tomtraubert, pola súa interpretación sabiniana daqueles tempos do penal. quen queira pasar a tomar unha copa polo desaparecido local, que visite a casa de tom.
saudiños

Roberto Iza Valdes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Roberto Iza Valdes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Very nice site! childrens toys proactiv solution United states weight rating loss pills Menstural sex stories Psyllium and lowering cholesterol Refinancing refinancing california home loan california home Furniture lawrenceville charleston southern soccer checks by fax Penis suction Twink ass fuck brake discs peugeot liposuction cost Mega millions 28results 29 free big cocks for mom Air force floor mats Wrongful life malpractice cases Safeguarding computers and communication system weight loss plan Sarasota wedding invitations

Roberto Iza dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.