anda polo mundobló encadeándose a idea de saír o domingo de mañá, día anterior á chegada dos votos merc...emigrados para facer unha fila de xente que una a estatua de castelao coa de pablo iglesias ( esa que está co brazo en alto na costa que baixa para vite e que todo o mundo pensa que é castelao). o motivo é manifestar que si temos un país novo, este de aquí no que nós vivimos, que quere darlle un airiño de refresco ás dependencias barolentas da xunta.
ese país xa é. por moito que os fillos, netos e defuntos de ultramar digan.
eu penso ir, porque a esas horas non hai máis que misas e non van moito comigo.
apuntádesvos? aínda podíamos coller unhas empanadiñas e ir xantalas por aí, non é?
ese país xa é. por moito que os fillos, netos e defuntos de ultramar digan.
eu penso ir, porque a esas horas non hai máis que misas e non van moito comigo.
apuntádesvos? aínda podíamos coller unhas empanadiñas e ir xantalas por aí, non é?
9 comentarios:
Boa idea a da empanada, que tamén é nosa, non só deles.
pois vaiamos buscando a sombra duma azinheira pra ir xantar ;)
eu de voa gana ia, a ver se anulaban todos eses votos. ainda que tamen digo outra cousa, eses votos averia que intentar impugnalos fai moito tempo, non vir agora con choros e lamentos
aghora que xa votaron anulalos non da bo rollo... pero repensar iso de que voten non estaba mal non...
en fin, a túa rasión de empanada comereina eu logho.
saúdiños
Oiches non vos olvidedes de contar a xente que vaia polo milenario sistema dos pedasos de empanada
Débese plantexar como un acto festivo e non tan reivindicativo.
como un acto celebrativo, amigo xosé antón (permíteme dicir amigo nestes momentos cruciais), celebrativo lúdico-festivo, etc. co mellor humor posíbel, porque GAÑAMOS, nosoutros xa GAÑAMOS. pase o que pase, GAÑAMOS. iso é o que hai que celebrar.
NUNCA mais un goberno de Fraga! será verdade? case nin mo creo. beliscádeme que non mo creo. ;)
Keep up the good work Nba basketball betting odds lines Skat+phentermine
Publicar un comentario en la entrada