18.6.05

reflexionando...

pase o que pase mañá eu xa puxen os bois diante do carro e confío en abrir aquel oporto tan bo. (gardabáo para a república pero está será,xa que logo, unha boa ocasión.)
celebro que o país non é unha vaca mansa e vai polas rúas rompendo a longa noite de ppdra.
porque a min xa me chega con que don manuel saiba que non estamos por aturalo máis, que vaia buscando unha casa tranquila na que dar co final dos seus días e faga barquiños de pau sentado ao sol, como corresponde a todo xubilado. e que leve os seus amigos.
o que veña xa o veremos, cos dous ollos ben abertos.
reflexionen vostedes tamén e pensen que aínda que ningún destes torpes mereza o seu voto, si hai quen merece ser botado....ao quinto pino ou máis alá.
a primavera xa chegou- en vieiros din que abrolla- anúnciase nas flores dos toxos que en cabo touriñan cravaron a marea negra.

5 comentarios:

TomTraubert dijo...

Me parece una buena ocasión para abrir esa botella. Lo de la República lo veo jodido y lejano, -tal vez más lo segundo que lo primero y viceversa (Benedetti dixit)- pero este puede ser un buen cominzo para... un buen comienzo

Anónimo dijo...

Vaia,vaia,vaia. Buscando pola rede atopome...cunha revolucionaria!!! E que ademais escribe!!!!POESIA!!!! Pensei que xa acabaramos con todos condenandoos a vivir do paro ou das subvencions(un ano ou dous).

Jajajaja! Espero que manha podamos brindar todos,e non cara o sol,se non para que saia o sol. Eu estarei lonxe pero a alegria sera a mesma.

Moitos bicos,juapa,


ROI

menguante dijo...

casi ni me puedo imaginar cómo será la vida después deL PPdeG.
Te deseo una feliz resaca.

From Hell dijo...

amén!!!!!!

mariademallou dijo...

tomei cañas á saúde de todos vós.
estabamos máis contentos que fragha, seghuro...