26.7.05

aviso para viandantes

a cidade de pedra intenta enganar ao verán. para iso, alonga as terrazas coma tentáculos, entona as nosas melodías favoritas nas noites estreladas, e nas tardes doces as rúas do centro planean emboscadas onde centos de colegas paran para saudarse. toda a cidade embelece.
con estas tretas pretende reter os viandantes que buscan o mar. ela que descoñece a maneira na que ule o corpo unha tarde fermosa de praia, o peso do salitre que traen os días cando escurecen de súpeto, a delicia de morrer o sol sobre o océano.
por iso eu fago a maleta con miles de libros. e marcho no primeiro coche de liña que saia para a miña casa. dende alí contareivos que agora son poeta con patrocinio.

...cando atope o usb da cámara de fotos...

6 comentarios:

menguante dijo...

Pásalo bien en la playa.

SALUDOS

TXARI dijo...

elexistes o melhor día para ulir o corpo na praia, e ver morrer o sol detrás da estatua da liberdade (nunca a olhastes en días claros?), nótase que fai tempo que nom falas com pemán...

Avogado Do Diaño dijo...

O usb anda agochado ainda na maleta que foi a berlin

Pasao moi ben.

mariademallou dijo...

estes días grises teñen máis encanto case que os de vran...xa virán outros máis despexados nos que a calor se pegue coma unha plaga....avisa cando andares por aquí txari, e aínda tomamos un café nalgunha terraza dende a que se vexa cee no seu esplendor.

mariademallou dijo...

ai...o cable xa apareceu e efectivamente estaba na maleta ;)

TXARI dijo...

of course, a ver se esta finde o alcól respetame e eu respeto a vontade do deus azar...tamen podemos tomalo olhando cara o granítico deus pindo...