7.7.05

a cara b

<>
teño que facer unha recensión dun artigo para dialectoloxía. esta é a cara b da recensión seria que vou entregar. ;)
o artigo é dun tal elixio rivas e o tema é tan apaixoante como a isoglosa pazo/ pacio en galicia. aí es ná. está publicado no número tres da revista verba, alá polo ano 1976. rivas, que debía ser daquela un tipo ben ocioso, contou todos os lugares de galiza que se chaman pazo ou pacio, ou unha evolución semellante do que en latín se dicía palatium.

debeuse sorprender tanto coma min cando chegou á conclusión de que había nada máis e nada menos que 354 lugares con eses nomes e que case todos os que están en Lugo e Ourense, que son os máis, varían entre chamarse
pacio e chamarse pazo. Isto, para alguén de a pé non quere dicir nada, pero para o avespado ollo de filólogo de rivas quer dicir que uns veñen da forma vulgar pazo, que é a forma á que chegaron nonseicantas xeracións de galegos falando galego- e outras tantas da forma semiculta pacio, que ven sendo algo así coma un mamut lingüístico.

e mira ti, que a rivas lle parece tan trepindante a cousa que examina un lote de documentos onde aparecen estes topónimos e comproba de que ano son e como están escritos e aprende as reglas evolutivas do galego de memoria e compara esas dúas cousas. e di que alá polo s VIII, cando os animais aínda falaban, aquilo que en latín era palatium dise de dúas formas, unha vulgar que debería ser palazo e unha culta, palacio, e que de aí é de onde veñen as dúas formas de dicir o mesmo, iso que aos galegos nos gusta tanto.

pero...porqué en lugo e en ourense hai as dúas formas e noutros lugares non?- inquírese rivas ao seu propio intelecto incansable... entón saca o xerais e o estravís, a ver que significa a palabra, que se refire a unha casa señorial, suntuosa... de categhoría, vaia. e compáraa con outras linguas. e alguén lle conta que ten que ver coa maneira na que os romanos colonizaban o país. esquematicamente: unha casa do señor ( palatium) con terras de redor e casas dos que as traballan. aí tendes, unha vila. contra máis indíxenas se axunten á vila, máis grande. pura lóxica. e ao sitio, ás veces, pois... acábanlle chamando pazo.

e as que se chaman pacio? ai amigho...con la iglesia hemos topado. os bispos de lugo, todos moi requintados, cando corría que voaba o século VIII, foron os encargados de facer unha repoboación nas marxes do miño e do sil e non lle ían chamar aos sitios novos pola palabra vella, sendo a igrexa o que era, así que tomaron a forma culta da palabra (palacio) e puxéronlle ese nome ou cousas semellantes. contra o que non puideron nada foi contra a evolución imparable da lingua, que fixo o que tiña que facer e no século X sacoulle o L, como lle ha de pasar algún día á cidade de sir paco.

xuro que onte as tres da mañán pensei en entregar esta...presiso unhas vacasións....

13 comentarios:

From Hell dijo...

deus... 345 sitios chamados Pazo... iso é como o Springfield dos Simpson, que representa a todos os EE.UU pois en todos os estados hai un Springfield...
O tal Rivas tiña moito tempo libre ¿non?

mariademallou dijo...

debía ter a varrer...en fin, como disía aquel borrachiño de see: cada un é cada quen e ten as súas cadaunadas.

edu dijo...

pena que non entregases esta versión. seguro que era moito máis atractiva cá outra.

menguante dijo...

Maria, cuidate.
si quieres respuestas duraderas busca al señor, Él es la luz.

mariademallou dijo...

a que señor?! ao de fenosa?...

menguante dijo...

no, esa creo que es una señora

Anónimo dijo...

María, muda de carreira. Sabes que a túa vocación sempre foi máis pola Física...

Avogado Do Diaño dijo...

vas ter que faser caso e mudar de carreira, total dentro de uns anos as casas seran chozas ou quelis e os pazos seran "pedazos de chabola"

mariademallou dijo...

iso da física...quen dixo tal?

Anónimo dijo...

Os poucos profesores que repararon en ti, e souberon que es máis física que química.
**Química: Alquimia, dise da maxia que converte as cousas no que non son, mediante brebaxes, verbas irrecoñecibles e feitizos...

mariademallou dijo...

ai! porque me falta o principio do post??!!

TXARI dijo...

A asignatura esa debe de ser a do culmen da carreira, ánimo que "pronto" sumaraste ao exercito de filólogos/as...

Anónimo dijo...

Elixio Rivas é doutor en filoloxía, membro da comisión de Toponimia da Xunta, Presidente fundador da AGACS, Premio Otero Pedrayo,...