18.7.05

volver...volver...voooolver....!

coa sensación de que, en contra do que di o cantar popular, unha semaniña enteira non é nada. que máis atardeceres me tivera gustado estar na cidade que se anega, onde o río ten nome de muller.
pero que se lle vai facer. con todo foron días intensos, escribindo moito e fotografiando palabras nesa lingua que resultou ser doce coma as cereixas. ata debuxando con acuarelas prestadas e pouca idea. por agora alá quedou o meu traballo de fotos e textos, colgado por uns días na kultur modell que me dou abrigo.
como xa vos dixen nas poucas veces que me preocupei por atopar ordenador, coñecín algúns poetas autóctonos e descubrín , gracias a inestimable axuda dunha traductora, que hai alemáns con gran sentido do humor e público moi receptivo.o de aquela noite agora xa sabe da nosa cuestión nacional- explicada brevemente en inglés- e de como sona o galego con seseo e gheada.
tamén visitei a cidade das cen avenidas e o seu barrio dos museos, e a festa de fin de semestre da akademia. o bosque bávaro cheo de carballos coma nós quixeramos o noso, o país veciño- pra tomar unha caña desas de medio litro que é o formato máis pequeno que fan alá- e unha festa bá(r)bara onde tomarlle unhas salchichas a ritmo de banda típica e mil cousas máis que daban para encher un mes de estancia.
agora volvo á casa para sandar nostalxias e celebrar patrias.
só me amola saber que na semaniña que botei fóra o xanongoberno deixou ben empeñado este pequeno país...

8 comentarios:

diablito dijo...

benvida.

d.

mariademallou dijo...

grasias sr. diablito, xa enseñarei as fotos e outros regalos que traio para os máis achegados.
e a ver se nos vemos pronto!!!

osondaxordeira dijo...

que ven que estás de volta. habémonos ver pronto, ou?.tesme que contar que tal foi todo e isa nova aficción de coller as acuarelas. eu vou cara o grove estes días.chámame se che apetece vir por aló e collemos un barco ás ons.

mariademallou dijo...

ola guapa!! encantada de verche pronto, esta semana estarei en compostela e se pasas a celebrar a patria alí me verás. agradecida polo convite ao grove, chamareiche para convinar un día e se che apetece, organizar esa lectura que nos debemos por alá ou por calquera outro lado.
un encanto que pases de visita por esta casa.bics!

Avogado Do Diaño dijo...

benvida ruliña.

bicos e saudos

osondaxordeira dijo...

claro que si, andarei o día da patria e mais recitarei no festigal asi que agardo verte prontiño.bicos fofos

edu dijo...

benvida mariuska. a ver se nos vemos un día destes e tomamos unha caña no nigromante. bicos

Anónimo dijo...

Excellent, love it! best weight loss drug phendimetrazine Advertising click msn pay per herbal medication like lamictal Forging oxycontin prescriptions quebec Winter allergies Battery back-up sump pump lexapro+vs+wellbutrin Ford motors car loans Cheap cheap airline fares guam discount lexapro free shipping Weight gain on celexa http://www.celebrex-cardiovascular-side-effects.info/effectsofabilifytakenwithlexapro.html http://www.skin-care-industry-websites.info/laser_tattoo_removal_bismarck.html Topamax mood disorder 2004 subaru impreza wrx wagon Heating chicagoland driveway gates