18.8.05

centoonce

ás veces as mareas do verán teñen o encanto de deitar sobre a area a esa xente que non ves o resto do ano. iso non é moi bo para o estudio, pero é moi recomendable para o espíritu. nunha desas tardes, eu á sombra dunha cabaceira ornamental cos meus libros, aparece por arte de día libre kikoneves e a mosa. cóntanos que o seu centoonce está para saír e xa temos unha boa excusa para chamar ao nenogrande dos creus e ir á langosteira celebralo con area, gaivotas e un exceso de turistas.
recordo a tarde que centoonce chegou por correo.odiei a miña impresora gastatintasestúpida por non poder poñelo sobre papel.odieina porque despois de lelo por vez primeira tiña a necesidade de pasar o dedo por debaixo de cada unha das paloabras para aprndelas todas.escribín a kiko aquela tarde para dicirllo:encantoume.pero o que realmente quería era chamalo para saber como era na súa voz.
polo de agora aínda non é máis que unha "novidade", desas que ninguén sabe cando van saír, pero pronto serán centoonce páxinas coma mensaxes en botellas enviados dende o lugar onde os océanos traman con xenio o mar de fondo. moito me alegro.

17 comentarios:

Olves dijo...

Envidia sana me dais.

Cau dijo...

O libro (Xerais?) xa saíu, polo menos a miña biblioteca o ten no andel de novidades. Collereino mañá :)

mariademallou dijo...

vaia, pois o outro día non sabiamos que saira xa...rectifico, coma os sabios ;) colleo porque está moi chulo. saudos!

Paleón dijo...

que alegría me das María, eu son moi fan de Kiko Neves dende aquel Poema de Amor. É poesía non? Pensei que anda liado cunha novela.

Anónimo dijo...

o caso é que a moza do Kikoneves foi a unha festa de aniversario en Cambados e á rapaza da festa agasallárona co tal Centoonce, "mercado nunha libraría de Pontevedra". o Kiko enterouse, vía teléfono, na Terra Eonaviega, por mor dun recital, e dixo pois ben, pois vale, pois dacordo. as veces o mundo editorial éche o carallo. (e as casualidades son a hostia, tamén).
daquela, o Kikoneves terá que ir mercar as librerías o seu propio libro para llo poder agasallar á María e o Creus, lembrando a tan boa tarde que pasou na Costa da Morte nunha tarde de agosto entre cervexas e turistas.
un biquiño.

mariademallou dijo...

pois eu tamén me alegro ben que centoonce ande na rúa. agora só queda agardar que as presentacións nos xunten para celebralo.
escoitalo será un placer tan grande coma o da praia.

Anónimo dijo...

centoonce escusas para lerte, sen que sea ás agochadas, sen ter que dar escusas de papeis revoltos en caixas.

centonce xa editado. para que kiko non deixe de soñar.

sempre.

mariademallou dijo...

así sexa.

ilugris dijo...

Pois eu nom sabia nada, mas já tenho um novo pedido para a livraria habitual. Alguém poderia informar da editorial? É Xerais finalmente?

Noraboa, Kiko, se é que les isto.

Anónimo dijo...

é Xerais, si.

beijo.


enorme...

mariademallou dijo...

xa o teño encargado! ;) bico!!

Anónimo dijo...

téñoo dende hai unha semana, e cada vez que o abro e me poño a ler non podo deixar de chorar.

ilugris dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
deuladeu dijo...

estevo creus veu ó bar onde traballo. deixou unha nota esquecida. eu utiliceina para crear un personaxe de novela. pasados uns días, ensineille esa nota a unha colega e entereime de que era del. tivo gracia. gostei.

Anónimo dijo...

Very nice site! mexican+zyrtec+free+consultation http://www.antispywaresoftware0.info/b-bontril-b-b-diet-b-pill.html Exercise machine for breast enlargement Cpu storage unit buy bontril online Renault r 25 yasmin tabletki discount prescriptions imitrex mortgage Bontril c.o.d. shipping

Anónimo dijo...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it Orgies one man 10 women Bikini cards Shemale brazilian Medlineplus drug information tramadol Jovencitas amateurs Tadalafil safe ordering Art blowjob Hair loss aging

Anónimo dijo...

lesbian asslicking videos amateur lesbians lesbian anal spurt denver gay lesbian pride month hard lesbian sex pictures bloody lesbians bsty lesbian