22.8.05

a destempo


aínda me amolou ben non ter podido ir ao viñetas gastar os cartiños en comics, camisolas e novidades polacas e as horas en cervexas. especialmente porque aínda non tiven ocasión de ver en papel a experiencia que o sr. diablito e unha servidora perpetraron para o barsowia que se presentou nestes días.
agora cae un pouco a destempo dicirvos que vaiades por alá pois xa non quedan máis que as casetas desmontadas e a resaca de toda a semana, pero podedes achegarvos as librerías de comics (comiquerías?!) e preguntar polos productos polacos e o último BD que pintan moi chulos. e para rezagados coma min queda a posibilidade de ir ver as exposicións e lamentarse.
para sacar este cravo achégome onte pola mostra de teatro . paso un frío siberiano vendo moby dick- o mellor a balea, sen dúbida- e entro correndo ao salón a escoitar a candi(dopazó). que risas. había ben tempo que non o vía contar tan ben. falamos diso; os bares están ben, si, pero os teatros son os teatros. (menos no caso de galiza, que tamén son teatros calquera salonciño de actos, estrado, palco e en xeral , calquera habitáculo onde caiban os actores).
antes de entrar na sala fíxome nun cartel que di: non está permitido tirarlle comida os actores.
lástima... ;) tiven que comer o bocata á porta.

14 comentarios:

acedre dijo...

Non deixa de marabillarme a cantidade de festivais, exposicions, mostras e demais actos culturais que hai pola terrinha adiante.
Dende logo Europa e Europa e os USA son outra cousa.
Saudos e desfruta o que poidas.

TXARI dijo...

ás veçes bem máis valdría que o publico tirase comida aos actores e nom molestasen con oitras movidas piores( lembro uma funçiom em belas artes de pontevedra (estreo)...pra esquençer...)

mariademallou dijo...

faise o que se pode por aquí,non desespere nos usa acedre.

por certo txari, que función? vese que eu xa a esquecín pola conta que me traía... :)

TXARI dijo...

estreno da bailadela, catro quinquis comendo patas fritas,comentando o aburrida que era a obra en alto, o fotojrafo co flash de mais alta definicion que non se corte sube case arriba para sacarme un plano corto (que por certo saiu ao día sejinte na prensa, xoel que me ajarrab amin dos chupitos e ue que o ajarraba a él... non sei era o estreno e eu case que abrñia a obra

edu dijo...

igual o señor dopazó gaña no teatro. o señor cadaval, sen dúbidas, gaña no bar (e non digo bebendo, eh!)

mariademallou dijo...

reflexionarei sobre iso edu, pero creo que o teatro está ben para ambos. ten esa escuridade da que os locais decentes carecen... ;)

falando de teatros eu xa non recordaba esa fatídica función txari na que corriamos dende o control atrás do fotógrafo...pero recordaba outras semellantes...

From Hell dijo...

gustame a mostra de teatro..porque quere dicir que xa é época na que marchan os madrileños para o seu país...
saúde

mariademallou dijo...

;)
exactamente...que vaian indo

Olves dijo...

Cómo sodes!
E os madrileños que queremos quedar?

mariademallou dijo...

portádevos ben ;)

Caufield dijo...

Ola!!!Ta moi bem o blog!!!pido desculpas (moitas)pola miña intromision, son só unha fan xDDD e gusto dos teus versos(moito moito), pois nada a seguir asi e no referente ao ultimo recital no q t vimos(festigal...), serviunos como alivio espiritual,(aparte de q o aguantamos con gusto a pesares do pouco sono e da moita resaca, acumulada...)E na, menos mal q marchan os chinchos iso sempre!!!A seguir ben!

mariademallou dijo...

pase a tomar un cafeíño por esta casa cando queira caulfield. a porta sempre está aberta, e se non a chave está agochada detrás da maceta da entrada ;)
saudiños!!

Caufield dijo...

Moitaas grazaas!!!Pasareime todo o que poida!e o q permitan as obrigacions (véxase estudos varios e bares diversos tamén):D

Anónimo dijo...

Best regards from NY! Al auto insurance Calgary gmc chev olds dealership Stephany bets Donna karin dresses lamictal used in unipolar depression running dos on windows 989 used lexus suv Buick allure performance bond failure new york internet hosting Drake bell's car accident recovery zyrtec gane installing 1995 gmc safari starter Isuzu tropper door mirrors Upgrading mcse 2000 2003 Bentley continental 4 door cheap generic prozac online without a prescription The main event basketball tournment Mazda rx 7 catalytic converter