26.8.05

quilómetros mordor


a borraxeira entrou por fisterra e foise deitar sobre montepindo. trouxo ese orballo miúdo que chaman calabobos e espesou a paisaxe estéril co ánimo de ocultala. aínda así, foi un intento inútil. a imaxe resultou se cabe máis espectral ao apareceren entre a nada os brazos negros das árbores, coas falanxes estiradas clamando ao ceo. e os quilómetros volvéronse silenciosos de maneira inquedante. como se nada vivo cruzase durante séculos as paraxes queimadas. agás ese peso de derrota que adquire a borralla no ambiente, que sabe cravar profundo coma o aire dos defuntos.

nas terras de dolor os días son cincentos aínda que a borraxeira levante e o sol alumbre. a terra desfaise co peso dos pasos. e un ten que se apartar dos cadáveres queimados que queren prendelo entre as súas costelas de cetáceo. así é a morte cando arde. nin a terra para, porque cando as choivas cheguen arrastrarán todo cara os areais e descubriranse as laxas rosadas de ferida. triste miseria.

nada prende sobre as pedras. adosados e viradores son das poucas especies que se dan despois do lume. estércanse coa complicidade silenciosa dos que permiten e engordan eles sós coma as carteiras dos ricos. porque o lume será cousa de todos, pero os intereses que o acompañan son cousa duns poucos.

pero hai segredos que o monte non sabe gardar. aquí todo o mundo sabe que é o ceo quen envía as chamas en forma de pequenas bombas que botan as avionetas, de land rovers que perden gasolina. que non hai tantos campistas despistados nin barbacoas de domingo. que arde á tardiña porque os hidroavións non poden traballar na escuridade. que son máis os euros que reparten as terras queimadas e moito o silencio que as cubre. que non hai comisións que investiguen nin leis que castiguen a quen fai bo agosto deste agosto. e que estes son, ademais, xente próspera e respetable.

por iso arde a raiba nos peitos. agárrase ao esternón por non ter por onde saír. quixera saír pola boca pero só lle acordan improperios que non ten contra quen botar. porque hai pirómanos que na súa vida prenderon un misto, que queiman con cheques do banco de españa. invisibles coma fantasmas. aos que lle debemos saír na tele cada mediodía. e eu, se vos digo a verdade, xa vou algo farta de que a miña terra sexa sempre noticia lamentable.

14 comentarios:

TXARI dijo...

cada ves dá máis pena como nos joden a nosa terra, pero cada ves tenho máis alento para luitar contra os aramios do contra-poder, hai que tirar a dar...

From Hell dijo...

ole tus cojones mariquiña!!!
Fermosa descripción da barbaridade maior destas terras esquecidas.
Que se saiba, con voz propia, a quen lle debemos os lumes: Concellos varios, empresas de construcción, bancos, madrileños (indirectamente), etc... etc... en resumidas contas como sempre: os cartos.
saúde

mariademallou dijo...

putos cartos!... se aínda queda algún piñeiro en pé será porque os billetes de 500 aínda os fan con papel, que se non... apúntome ao de tirar e dar, co txari.
agradecese os cumplidos sr. hank

acedre dijo...

Preciosa elexia polo Olimpo galego.
Cantas veces ardeu?Cantas lle queda por arder?...Dame magoa pensar no futuro.

Pombalina dijo...

Unha vez en O Porto díxome o dono dun restaurante que Galiza e Portugal tiñan que ser unha. Eu estaba esperando que dese un motivo de irmandade cultural e lingüística para facer tal afirmación, pero de pronto di: "porque temos todo cheo de eucaliptos". Que dura é a realidade!

mariademallou dijo...

e a día de hoxe, de tizóns...

menguante dijo...

también hay gallegos que queman el monte por 100€. Hay uno arrestado, y supongo que decenas en sus casas.
Lo que le ocurre a los montes forma parte en mi opinión del mayor problema que tiene este país, educación medio ambiental cero, simplemente cero. La escasez de agua, los incendios forestales, los putos gallegos y madrilenos y vascos y catalanes que convierten las playas en ceniceros, el feísmo etc.. Ese es el problema no CAROD ROVIRA ni IBARRETXE ni su puta madre.
Pero nosotros a seguir viviendo como si no pasara nada, en fin como si fueramos ricos

Siento la amargura, perdón, ya sigo con mis vacaciones.

Depósito dijo...

Mecagho no lume!

mariademallou dijo...

... xa vexo que o sabedes facer sen que volo diga, pero podedes escupir aquí a vosa mala hostia se queredes...

Anónimo dijo...

basicamente es un negocio, y como siempre si tu cuidas tu trabajo el te dara de comer. Si no hay incendios de que comeria la gente que los apaga, pero por su bien estar todos pagamos el precio, que por desgracia es muy alto ecologicamente hablando.pero bueno todo sea por la pela. que es lo que manda

gatinha dijo...

parabéns pelo blog e pela crítica.

gatinha dijo...

parabéns pelo blog e pela crítica.

O vinteún dijo...

So os terroristas do capital e os anormais caghan no Olimpo.
Eu cághome neles e nos dioses!

Xustiza???

Anónimo dijo...

best regards, nice info » » »