20.9.05

escribindo cápsulas para paleón

é bonito porque che miro e só che vexo sorrir. e a brisa. é estar aquí tan arriba e sen caer coma a noite nos tellados. mirando as antenas e a ti. miro e só che vexo sorrir. e iso ponme feliz, aquí tan arriba.
e porque sonan as nosas cancións favoritas. imos ao almacén,dixéstesme queres vir?que hai? hai unha festa. e eu vin da túa man. pero dende aquí vese a cidade e ti tráesme para que eu a vexa. porque sabes que me gusta de madrugada. déitase. ti tamén ves como se deita e nos chama. por iso sentamos nos bordes das terrazas. e xogamos a cuspir sobre os capós dos coches. e ti pregúntasme onde vai acabar antes de cuspir e eu xogo a averiguar se acertas sobre os taxis. e así alongar a noite ata que o sol alumee e pasee señoras. eu adoro esta cidade que sorrí na túa boca antes do día romper.aí é onde eu vou acabar. na túa boca. debaixo da túa lingua ou que me tragues coma unha cápsula. pero que non veña mañá levarnos na súa tristeza de caídas. porque os días de despois son moi tristes.
déixame que colla a túa man.por iso.
quería levarche á praia. que viras o sol morrer sobre o mar cando avermella. ese sería o teu regalo para que sorriras. mañán levaríache á praia. e deixaríame enredar entre os teus cabelos. pero mañán xa estamos mortas. os días de despois sabes que cortan coma navallas. será terrible.
e que é mellor que me sigas agora. porque mañá será terrible. e agora, caería no teu sorriso. e todos pensarían que nos amábamos.

8 comentarios:

mariademallou dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
mariademallou dijo...

unha encarguiña que me fixo paleón que andei rematando nestes días. a ver que tal lle vai polo mundo adiante. aquí queda.
saudiños

Paleón dijo...

Moitas gracias!!! @s alumn@s han de agradecerllo ben. Apertas.

satine dijo...

Cada un ten que tragar coas suás cápsulas, aínda que se che atravesen na gorxa. Moi lindo.

mariademallou dijo...

agradésese xente. a ver que tal lle cae aos alumnos de paleón. xa me contarás.

Anónimo dijo...

Enjoyed a lot! laser tattoo removal duncanville the 2005 chrysler 300c interior oster non stick interior toaster ovens Texas bacliff commercial aircraft insurance Find ionamin ohio doylestown laser tattoo removal Peugeot pepper grinder

Anónimo dijo...

Keep up the good work here

Anónimo dijo...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! online hp unix training Home equity loan rate incorporate in delaware onli flowers National health plan adipex diet pill cell phone Underwater cumshot videos Best affordable graphics cards Mafreseguros insurer Business california in incorporating Financial advisor resume colorado Water filters fpr whirlpool refridgeraters http://www.amateur-fucking-2.info Vegas best gambling odds Card credit credit free membership score using without Disarming alarm systems Lo monte cassino szczecin Canada credit equifax free report call center software