8.9.05

mallou


o señor hank ensina retrato de venerable rúa infernal e eu - por engañar os nervios que me insomnian- dou en pensar que mallou non vai ser menos. esa terra mítica de cachelos, onde nos seus mellores tempos uns retornados americanos rexentaron no lugar a long play. a primeira discoteca que viron os de vilainferno, cando os de mallou aínda desconfiaban de que aquel sitio non fose unha casa de putas.
o mapa é un compendio de saberes xenercionais e sobremesa de festivo de hai un par de anos.
mallou por dentro. a nosa é a casa da cañona, no medio e medio da laxa. mirando o areal cando atardece sobre macerias. de noite sempre está o mar. ai, como estraño ese ruidiño.

7 comentarios:

acedre dijo...

Magoa de que non se vexa ben.
Por que e A Casa da Canhona ? De onde ven ese nome, sabes ?.
Eu en Acedre son dos Morenos porque a minha familia por parte de nai e morena. Por parte de pai xa e ablancuxado.
Saudos.

diablito dijo...

para min mallou sempre será empanada de xardas e sobremesas de whisky e xelado con cognac.

e puños golpeando a mesa para subrayar unha frase e historias do mar de oriente e sorisos e "que flaco estás!".

extráñase.

bicos.

d.

mariademallou dijo...

a cañona é miña avoa (agora, antes tiña o alcume da súa casa), que casou co cañón e herdou o nome. como ademais o cañón pasou a vida embarcado o nome da casa púxoselle por ela. pero non sei de que vén. o pai de meu avó xa traía o nome consigo e así vai pasando de uns a outros.
por parte de meu pai son do conexo, que ten bastante coña, pero tampouco ninguén me sabe dicir porque. din que a meu bisavó xa lle chamaban así.
e ten razón o sr. diablito, a empanada de xarda de miña avoa sabe que esghurricha e meu avó cando ten razón bate na mesa para constatalo.é un lugar entrañable...

mariademallou dijo...

xa que non se ve moi ben, cousa que acabo de constatar, direivos os nomes das casa de mallou por se tedes interés:
casa do lontro
casa vasques
casa do chico
casa de ramón de rosa
casa do ghalleiro
casa de dominga do mariñeiro
casa de columbriña
casa do cantiño
casa de pascual (pacheco)
casa de mateu
e estes son os seus "distritos": a eira de baixo ( ou campo da festa), o rueiriño,o campo, o rueiro de riba e o lugar de baixo e a laxa.

From Hell dijo...

un sitio extraño o mallou ese... agradable pero extraño.

TXARI dijo...

a da empanada que era a túa avoa que ouvía mal?un submundo que de seguro se multiplica polos arredores en tantas aldeas, sen perder a individualidade de cada uma, hai que vivila para entendela!

mariademallou dijo...

non, é a nai de miña nai a que fai esa empanada caralluda
.