27.9.05

un traballo honrado

outona e mentres as follas comezan a pensar en caer, na miña residencia todo se derruba. estou rodeada de cabróns que me putean e todos se puxeron de acordo para foderme o pouco bo humor que me quedaba. primeiro fenosa- eses impresentables que nos cobran máis do que nos poden servir- xoga a cortarme a luz para averiguar cantos apagados imprevisibles é quen de aguantar o meu disco duro e os seis quilos de carne que teño no conxelador. animados e seguidos de preto por telefónica, eses grandísimos fillos de puta, que levan 15 días tentando a miña paciencia co adsl, que funciona en prácticos intervalos de cinco minutos.
para máis escarnio chamo a ambas compañías, ás que pago relixiosamente, e non hai a quen reclamar. se teño sorte e non teño que pagar 13 céntimos de euro por cada minuto que paso escoitando música polo auricular, esas voces aterciopeladas que me collen o teléfono explícanme que eles só son empregados e que nada teñen a ver co meu problema. maldigo uns minutos e aguántanme, que para iso é para o que lles pagan, e despois agradecen a miña chamada coma se acabase de felicitarlles o nadal.
así todos os días.
eu, claro, quedo igual, coa mesma cara de parva que tiña antes de chamar e só se me ocorre volver marcar . desta vez dinme en telefónica que me pasan cun grupo para arreglarme a liña. a ver se son os rolling, que sempre me gustaron, dígolle mentres me pon a puta canción de antes. e paso outros minutiños soltando pasta. pois están ocupados, dime a señorita. vaia, estarán de xira, penso. pois xa a chamamos nós se ten un número de contancto. non gilipollas, que estamos falando polo vaso de iogur. é ese número que tes en pantalla. e agardo varias horas a que ninguén chame, igual que a semana pasada. evidentemente sigo sen conexión estable.

volvo marcar. maldigo coa música de fondo, aguanto o rollo pregravado e despois o puto naraná naraná naranananaraná, e esa voz que di que siguen atendendo a miña chamada. mentira, porque aínda non me atenderon. ao pouco cólleme unha rapaza, explícollo de novo, repito os datos, cóntolle que estou moi enfadada. ábreme un parte e non pode facer nada máis. que reinicie o ordenador a ver. mire señora, arranxen vostedes o problema que teñen coa miña conexión, que o meu ordenador xa se encarga de apagarmo fenosa cando lle canta as bólas. pois aquí non lle podemos facer nada máis. pois vaia, chamarei ao parlamento, logo. antes de colgar acórdame algo; faga unha cousa señorita, deixe esa merda e busque un traballo honrado.

21 comentarios:

diablito dijo...

ánimo, peque.

d.

acedre dijo...

Eu odio o telefono e os "arranxos" por telefono. Botas unha hora coa orella que queda a ferver e ninguen sabe nada.
Neste pais pasa o mesmo e o pior son as chamadas para vender. Eu xa tenho un truco. Cando collo o telefono respondo en galego. Se e un conhecido xa sei quen e. Se e para vender xa lle digo que non entendo e colgo.
Pois nada, tomao con calma.

menguante dijo...

Me encanta cuando te cabreas ...bendito sentido del humor, no dejes que te rodeen.

El mundo es un apagón general. Tengo un amigo apocalíptico que trabaja en el sector de la madera y ayer me dijo que esto se acaba. Lo que te sucede deben ser los primeros sintomas.

camballon dijo...

ola, maria, carlos, meu irmán, estivo en barna trabalHando para o senhor vodafone de teleoperador, seique o truco para que te atendam -um pouco- mais agilmente é pedir-lhe a quem che colha o telefono que che ponha co RESPONSABel.
ÁNIMO E PACENCIA.

TXARI dijo...

hai que volver ás velas de cera e as cartas de punho e letra, que caralho!!! que dempois dependes da lus até para pensar!!!,
que tal en vijo imaxino que caralhudo, nom?

mariademallou dijo...

ten razón menguante. menos mal que o levo con humor ;)
en vigho mui ghuai, pero non queden. doutra volta, que me quedou ghana.

Olves dijo...

Ay, que bo sería o outono si este mundo non estivera cheo de samesugas!

Ánimo.

Saúdos

acedre dijo...

Ola.
Sintoo pero nas minhas pesquisas non topei Mallou nos steits.
Topei o caso de Corunna que podes consultar no meu blogo.
Saudos.

mariademallou dijo...

grasias neno!! que guai que miraras!!!

acedre dijo...

Tampouco Carnota...debe de ser que son inimitables.;)
Saudos desde esta banda do charco.

Avogado Do Diaño dijo...

A min pasou algo parecido pero cos do carrefour, e na terceira chamada xa lledixen o teleoperador que non ia con el pero que me defecaba na mami de mais de algun dos seus compañeiros. Podoche dicir que as veces non e a Empresa o que pon os problemas se non os teleoperadores. O que deverias facer e reclamar no 1004 os cartos dos dias que estiveches sen internet, ou se queres pideslle o meu telefono a Fromhell e mandasme un sms co teu

Bicos

satine dijo...

Imaxina un mundo no que todo funcionase a perfección. Que as caixeiras de supermercardo che saúdasen cun sorriso e foran enchendo as bosas para que non perderas tempo. Que os horarios de traballo se axustasen os empregados, para que puideran organizarse e poder ver os seus fillos antes de que abandonen o fogar paterno. Imaxina e segue imaxinando, un teleoperador que despois de pasar oito horas aguantando protestas por teléfono mentras a sua muller fai vida marital co mando da televisión. Cobra un soldo de merda, con pagas extras que non chegan para os agasallos de nadal. En fin que non quero ocupar o lugar de avogado do diaño, pero protestando e como chegamos a algo. Iso si, protestarlle á xente adecuada.

diablito dijo...

"Que as caixeiras de supermercardo che saúdasen cun sorriso e foran enchendo as bosas para que non perderas tempo."

pois a min sempre me sonrien e me meten a compra nas bolsas.

d.

Avogado Do Diaño dijo...

Arredate de esas caixeiras, son axentes da CIA ou da NSA que vante apresar por algo que pensaches sobre o seu benquerido presidente. Ou iso ou querenche fornicar

Bicos a todos.

From Hell dijo...

Moi guapo o texto... e moi divertido (sobre todo o do vaso de iogurt). Segue escribindo mosqueada. bicos
P.D As caixeiras dos supers son todas unhas putas (con perdón)

sara jess dijo...

é que vivimos nun mundo de Famas, María querida, onde calquera que intente ir deixando pequenos Cronopios de si é aplastado pola maioría. eu tive un problema grande con Vodafone (Codafone) cando quixen facer o cambio dende Vomistar. denunciei o problema na oficina do consumidos e inda estou agardando resposta, dende hai dous meses. gustoume a túa resposta á telefonista, e coido que a vou empregar a vindeira vez que teña un problema con calquera multinacional: "deixe esta merda e busque un traballo honrado".

apertas

mariademallou dijo...

aínda hai outra boa que me contaron hai pouco e nunca me atrevín a facer. consiste en que en canto che collan o teléfono, despois dos vinte minutiños de música estúpida de rigor, lle digas á señorita " agora escoite, que me toca a min" e se entoes unha rianxeira ou o exitoso fuches tu, fuches tu...
un día que me colla de máis cabreo, que é acndo me poño ocurrente.
saúdos

sara jess dijo...

maria fermosa, hoxe lembreime de ti. botáronme a min e mais á miña compañeira do traballo, en plena hostaleria zona nova compostelana. e eu, cabreada, indignada, só puiden rir, liberada tamén dun traballo que non me gusta. e, ante a pregunta do meu xefe, se lle tiña rancor por algo, eu só puiden dicir "es menos cronopio que fama". sabes a liberdade que sentín despois? para celebralo marchei directiña a Follas Novas gastar os cartos do mes en libros. e fun feliz. e libre.

mariademallou dijo...

unha boa maneira de celebralo sen dúbida ;)

Anónimo dijo...

A min xa me saca de quicio a maneira de falar, como se eles fosen máquinas e ti gilipollas. Denúnciaos e sigue loitando polos teus dereitos, que o de cansarte é o que queren eles. Así que ánimo.

Anónimo dijo...

This is very interesting site... »