22.9.05

vigo centoonce

días 61, climatoloxía 22, instantáneas 30, automóbiles 31, oficinas 37, silencios 70, sedantes 72, mañás 61, parecía divertido como o 75, ducha 84, postura 64, estúpidas terrazas 98, dicirse 96, teléfonos 109. un lugar 111.
este venres kikoneves ábrese de centoonce para que o visitemos coma un museo de pequenos momentos. será en vigo, na librería cervantes a partir das oito da tarde. a viaxe non custa nada, o billete a centoonce é de balde. e o lugar merece a pena, boa cidade para pasear cada número na voz de kiko. estades convidados. despois tomamos unhas cañas.

8 comentarios:

TXARI dijo...

de seguro que será um aconteçemento inesquesible, estivem lendo algo del e recordoume a ti um chisco, nom me extranha que che leve de secuestreada...a ver se me cadra caerme por alí, pra tomar unhas canhas recomendovos nom moi lonxe dalí o "máis palá" no cruce de maría berdiales cos cines...saúde e letras...

lehia dijo...

ei, maria, eu irei por ali que esta fin de semana deixo a cidade de pedra pola galiza tropical, asi que co libro baixo o brazo que me deixou abraiada irei ao seu encontro... Hai moito que non sabemos nada a unha da outra, asi que aproveitamos esta cita para acordar unha gorentosa comida na tulla ou algo asi, parécelle? a sua ex-compañeira de despachito no franco, un bico grande

mariademallou dijo...

ola guapa, que ben que te pases. mañá falamos. saudiños!

mariademallou dijo...

txari,que che cadre caerche e tomámoslle algo

TXARI dijo...

sabes que o benxamín dos que em bem tenhem chamarse meus irmans, está de re-ubicacion de lar, nom posso ir a vijo, tenholhe que façer a mudança (se mudara de pintinhas tamen...!!)xa che contarei que coisas inclúe a mudança toume imajinando os trastos que tem na habitasión, miro o meu coche (que nom é presisamnete pequeno) e dijo: nom é polo númaro de viajes, é que as dimensións de cada un dos objetos non me cadra (empeçando polos sancos (pa que caralho quererá uns sancos coa altura que noso Deus nos dou á familia??)

Anónimo dijo...

e eu, que non puiden estar. merda de obrigas merda que rachan con cousas coma estas, ás veces.

deuladeu dijo...

"hai estradas que levan a ningures/ porque sempre rematan/ no principio/ tamén os soños/ levan a ningures". do centoonce, un dos meus favoritos. as "obrigas merda" son tamén o inicio dos soños, ás veces...

mariademallou dijo...

un poemaso, tamén dos meus preferidos. foi algo moi lindo, pequeno pero ben resultón e familiar. kiko é dios. ou cando menos é a hostia. :)