21.10.05

cidadespanto



o outono que se meteu en todos os meus zapatos regala pequenos froitos, ideais para combatir catarros e tardes solitarias. as primeiras castañas dormen no leito do forno e os venres nas terras dos arañóns saben a rosquiñas e uvas que arrecenden. agardo visita de lu para tramar de novo e mentres non chega paseo por cidadespanto guiada polo sr. diablito, quen coas primeiras choivas abriu as tapas dos cadernos de tormentas no album05, onde cada mes fará dúas entregas.

eu pola miña parte rendo as horas libres e as viaxes de autobús- ás que me condena aínda a autoescola que non me da chamado para as prácticas- e leo xespir. tamén escribo cousas para esa cita da que vos falei, que definitivamente vai cambiar de día, non sei moi ben para cal, e aínda está sen título. acabarame pasando coma a meus pais cando eu nacín, que lles apareceu o tipo do rexistro na casa para que me puxeran un nome dunha vez.
e para rematar esta tarde de zapatillas e manta de lá, dentro dun anaco collerei abrigo e bono10 e sacarei o fuciño fóra para achegarme ata o teatro. preciso un pouco de tranquilidade para pensar, xa que durante un par de meses volvo a ter compañeiros de piso e agora somos tres vivindo neste espacio ridículo pensado para un e pequeno. e é un bo sitio o teatro para pensar, ademáis do único lugar onde se pode dicir merda e a ninguén lle parece mal.

5 comentarios:

diablito dijo...

un bico grande nesta tarde fria, mariquiña.

d.

satine dijo...

Aínda que non o creas, envexo esa tarde de zapatillas e manta. Eu xa sabes que non podo escapar o teatro e véxome encerrada nun espacio tan reducido que cabe o mundo enteiro. E todos, todos me molestan de vez en cando.

mariademallou dijo...

créoche ben que a envexas...ao final non cheguei ao teatro por outras cuestións...que desastre...

mariademallou dijo...

e outro para ti, diablito. parabéns polos cadernos que están ben lindos.

TXARI dijo...

de diçir merda no teatro dío cando remate a funciom e o público aínda nom começou a aplaudir, é um momento mágico para reivindicar a ira e mandar a alguem (incluso a toda a compañía teatral) a tomar polo cú...