4.10.05

correo para maria

regreso á casa demasiado cansa e calculo que o resto semana titiritil vai ser toda así de intensa. por fin subo o correo que se acumulaba na caixa, incluída esa factura que leva un par de semanas. sácoa de debaixo dos quilos de papel publicitario dos que non se escapa nin vivindo en casadiós.
sempre pensei que se os autobuses non chegan puntuais é porque non os conducen os repartidores de publicidade.
o correo máis ben escaso, maiormente facturas e correpondencia destes señores tan amables que promocionan sarténs e xogos de toallas. menos mal que viña a programación da nasa que é lectura máis agradecida.

aínda botei unhas risas.
;) resulta que ven a nome de maría.

8 comentarios:

Avogado Do Diaño dijo...

"sempre pensei que se os autobuses non chegan puntuais é porque non os conducen os repartidores de publicidade." Que verdade mais grande miña nena e que risas mais grandes botei cando o lin, parece o principio dun monologo desos da tv.

Olves dijo...

Espero que no te lean los ortopédicos mandatarios de Mandriles, porque aplicarían la idea enseguida.

From Hell dijo...

eu nunca recollo o correo... na miña relixión é signo de mala sorte.

menguante dijo...

Leerte es de lo mejor de cada día.

TXARI dijo...

menudo choio dan os títeres !!!!, meu irmán jâ avisou que en tres meses nom contemos con el (pero vejo que o festival nom dura tanto...¿?) de seguro que me achejo a ver algumas. a publicidade proponhoche que a uses para acomodar esa mesinha media coja, ou o banquete que sempre abanea, se é desa de telepixa axeitase milhor...nom me dijas porqué...

mariademallou dijo...

grasias por pasar por esta casa abandoada....os títeres ocupan os meus días e chego tan cansa que non me sae escribier nada. pero vexo cousas mui bonitas. xa vos contarei.
saudiños!!!

Paleón dijo...

eu durante un tempo pensei que as 2 Marías eran só unha.

mariademallou dijo...

pois non debes ser o único, para a nasa mariatodonada vive comigo ;)