19.10.05

días para o outono

os días deste outono inspiran tardes de café e lecturas das que eu non podo disfrutar aínda que tampouco me queixo. pola contra, corro pola cidade dun lado para outro, atendo mil cousas distintas, fago malabares coas horas, chego xusta a ensaiar e saio tan tarde que durmir é un mero trámite para erguerme outra vez coa axenda na man. por iso son poucas as horas que podo pasar por esta casa, e menos as que paso pola outra.
nestes poucos minutos que teño de tranquilidade antes de que todo se apure de novo, escribo sobre as idades e os aniversarios ao sr. diablito, que de mércores implacable celebra 28 outonos. para el celebracións e os mellores desexos, que xuntos vexamos muitos invernos chegar.

quería tamén contarvos polo miúdo que os venres estarei aquí, tomándolle algo en boa compaña. e que por suposto estades convidados. que busco canción e nome para tal cita e que se aceptan suxerencias.

7 comentarios:

From Hell dijo...

Eu xa feliticen a Rubín pero vólvoo facer dende o teu blog... ¡Parabens! Diablito.

Nome: Xinetes na tormenta
song: Riders on the storm

diablito dijo...

moitas gracias ós dous, sodes o ceo na terra, agardo que teñades que soportarme outros 28 máis.

bicos coma treboadas.

d.

Avogado Do Diaño dijo...

Felicidades rapaz, estas convidado a unha cervexa cando queiras.

Nome:Interrumpiendo la comunicación
Cancion:Communication Breakdown

Saudiños

menguante dijo...

a mi me vale cualquiera de las dos, pero tiendo más a Morrison en estos momentos.

¿A qué hora? y todo eso da más información que yo soy muy vago y desde que lei los Karamazov me asusta tanta letra.

mariademallou dijo...

acompàñaremosche outros tantos anos e máis con muito ghusto! bicogrande.

grasias polas cancións e os nomes,doulle voltas ás vosas propostas... a hora son as nove menos des, por se me queredes escuitar.

Avogado Do Diaño dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Avogado Do Diaño dijo...

na miña aldea non chega ningunha emisora na que che poida escoitar, creo. De todos modos vouno intentar, ou se acaso berra moi alto.

Bicos a todas/os