13.10.05

en teoría

en teoría esa empresa tan xenerosa que xestiona as miñas viaxes virtuais acaba de subirme a velocidade a un mega co cal cesarían os cortes de liña cos que viñan agasallándome no último mes. isto do mega ten moita coña porque hai un par de tardes pasou un técnico a revisar a miña conexión, difunta durante catro días, e despois de moito analizar no módem e seguir cable por toda a casa, co conseguinte desplazamento de mobles, optou por correxir a ubicación do microfiltro e ir mirar a central a ver se o problema era alí. por certo que discutimos un anaco por iso do microfiltro e a súa relación coa calidade da miña conexión e cando se cercionou de que non me ía convencer de que é normal que o adsl suba e baixe a canda as mareas por influxo da lúa, despediuse amablemente. non sen antes contarme que seguramente os cortes se debían a que estaban subindo a conexión a un mega.
creo que o están facendo para que por fin navegemos ao medio que pagábamos antes.

o mellor do caso foi cando o tipo me chamou dende a central para me dicir que o meu problema estaba arranxado e que xa tiña conexión. cito a conversa porque son incapaz de novelar sobre ela:
el, pois si, era un problema da central. agora xa está arranxado. intenta conectarte
eu, si, agora vai. muitas gracias.
el, é que están subindo as velocidades a un mega, agora xa tes un mega.
si, xa vexo que o marca aquí..
el, pero vas notar que che vai ir un pouco lenta a conexión...
eu, incrédula, ai si?
el, segurísimo, si, algo máis lento que antes...

eu flipo, claro. que me devolvan o medio mega de antes. aínda que polo visto a historia ten unha explicación lóxica, que o técnico tamén me facilitou por teléfono. é que faltan uns cables por conectar na central - a punto estiven de dicirlle que rendera a viaxe- e ata que non veñan conectalos. burocracia digna do mesmísimo parlamento europeo. nin sequera fun capaz de contestar.
así que en teoría o mega está aquí pero eu non podo velo. de calquera maneira non sei que faría o meu pc cun mega. non creo nin que lle caiba dentro.
tamén, polas mesmas teorías, son conductora dende hoxe. pero só é en teoría, porque me falta aínda examinarme da práctica ;)

11 comentarios:

Avogado Do Diaño dijo...

Felicidades polo teorico!!!! eu ainda non me atrevin a dar ese paso. polo demais non che quero mentir pero vai ser que o fillo da sua nai non sabia nin o que dicia. As paxinas poden ir lentas dependendo de onde te conectes e da carga das lineas (isto e asi a grosso modo) pero pra saber orientativamente a velocidade da tua linea vai a esta paxina: http://www.adsl4ever.com/test/3/

Bicos

menguante dijo...

si no tienes el práctico aprovado no puedes viajar a un mega por mucho que te empeñes.

menguante dijo...

qixen dicir aprobado claro..

mariademallou dijo...

coñezo ese sitio onde che fan os testes....onte pasei un tempiño alí vendo como a miña conexióna a un mega tiña o ancho dunha liña telefónica convencional...

por certo,que razón leva o sr. menguante, pa que quero o mega sen carné?

satine dijo...

Moitas felicidades cariño. Ves como iba desta. As próximas practicas co coche ali donde ti sabes. Un bicazo.

Olves dijo...

A cuestión do mega é difícil, porque teñeno que meter na linea cun calzador e, claro, o tema vaise ó caralho.
Mais ainda si é un mega gordo.
Parabens polo teórico!

Avogado Do Diaño dijo...

dame o teu telefono que miro o que se pode facer

mariademallou dijo...

aí o avogado que me está buscando un enchufe...interesante

acedre dijo...

Felicidades polo teorico.
Ogalla o practico fose como o dos EEUU que andas un pouco co policia acompanhandote e seguindo as suas indicacions que non son complexas.
Nos EEUU con non pasar da velocidade e cumprir as normas xa aprobas. Aqui non mandan aparcar e o unico que mandan facer e a volta en tres tempos, ou sexa, cambiar de sentido nunha rua en tres movementos.
Sorte co practico e co ordenador.
Se queres estar mentalmente nos EEUU xa sabes por onde pasar ;)

agulleira dijo...

Pois esta epopeia túa co mega é semellante á miña co adsl. No meu concello, pobriños nós, non temos nin sequera adsl, así que non hai mega que valla, nin rooter, nin wifi, nin hostias en vinagre, con perdón. E o dos por qués está nun ir e vir de pelotas que vai para meses. Primeiro o concello botoulle a culpa a unha veciña, un pouco trastornada, iso si, que non deixa pasa-lo cable por diante da súa casa. Logo di que non é competencia súa (do concello) senón de Telefónica e que segue parado no mesmo sitio, con xuízo e todo. Debe ser custosísimo pasar a liña pola beira de enfronte, puff. Tanto que seguro que o tería que pagar o concello porque Tlf. non se faría cargo da imbecilidade dos conveciños do municipio que nin sequera protestamos. E así andan as cousas ninguén quere dar a torce-lo brazo. Isto si que é outra película.

TXARI dijo...

maría o teu sí que é puro teatro !!! teatro do absurdo diría eu (ou kafka en versióm galaica)