1.10.05

lunicetrip










lualdao leva camisola nicetrip azul con emotivos motivos (outro regalo promocional), nariz de plástico de todochino
( dúas nun euro) e toda a tarde tirada no sofá vendo a vida pasar na compaña dunha servidora.






postpost: imos a plantexarnos seriamente facer un catálogo de chavalas

13 comentarios:

acedre dijo...

Non se me borra da mente a tua camiseta Eu...leite.
Dende logo tendes que facer un calendario tipo Pirelli para o 2006.
Saudos dende as Carolinas.

Avogado Do Diaño dijo...

Ou Pirelli, ou Victoria´s Secret, ou non, eu que carallo sei se cando os miro non lles mira pra ropa.

¿Canto vai custar?

O vinteún dijo...

Isto si que é serio...

mariademallou dijo...

ai,teño que vos confesar que en realidade non só estivemos vendo a vida pasar ( se fose así teríamos ido á mani do lume á que agardo que forades) senón que estivemos parindo unha idea para performar poesía se é que iso se pode ou debe facer. xa vos avisaremos para que poidades vir ver a xenialidade. a acedre quedaralle un pouco a desmán, pero faremos un video se a cousa sae ben.
fotos xa temos unha cantas para un catálogo, todas vestidas e ben vestidas por tal marca e outras semellantes.
de serio serio esta finde tivo ben pouco, pero se vinteún o di...
alá ata maña,que me vou deitar.

satine dijo...

Gustame un montón a vosa nova colección de cara o outono. Amosademe o catalogo canto o teñades rematado. ¿Lembraste daquelas ideas das que falamos? Iclueas que quedarán ben.

TXARI dijo...

que perigo !!! dúas mentes dese calibre parindo xuntas e sen o fume dos bares polo medio...impresionante, e oitros perdendo o tempo da fin de semana medindo canto alcól nos cabe no fíjado...

From Hell dijo...

ten cara de paiasa... supoño que será o nariz

pepa dijo...

Empezache o curso? a ver se para a semana que ven quedamos ti mais eu. Dalle un biquiño a lu da miña parte se a ves antes. Que juapa sae!Cona!

mariademallou dijo...

satine,un día abrirei unha seción de frases para camisolas, que serán unhas risas.por certo que o sr. hank vale muito pa eso ;)
txari, tamén nós nos sorprendemos de vernos en ambientes menos cargados.de certo foi unha finde de peche mui divertida, mesmo productiva. vivir ás aforas das aforas ten as súas cousas boas. os bares distraen. nas aforas das aforas hai poucos bares.


pepa, saca o polo do conxelador para o martes.bicos!

agulleira dijo...

pois a ver se lle facedes a competencia ás camisetas de Caramuxo e reizintolo. Esta ten tan boa pinta que eu tamén quero ve-lo catálogo

mariademallou dijo...

aínda temos algunha de reizentolo para lucir. as de caramuxo non as coñezo,haberá que botarlles un ollo.

Anónimo dijo...

best regards, nice info »

Anónimo dijo...

What a great site http://www.plastic-surgeons-0.info asthma resources