25.10.05

o punto g


o sr. mata escoitou por fin os meus rogos, que lle deberon pesar na conciencia coma moedas de ouro, e onte concertoume unha cita cun monitor de prácticas. técnicamente era a miña primeira vez, aínda que xa tivera algunha aventura co vehículo do sr. hank e a súa adorable compañeira, así que ía bastante preocupada pensando que pasaría se de súpeto descubría que era completamente inútil e toda a vida me vía condenada á escravitude do coche de liña.
na práctica resultou que parece máis sinxelo do que seguramente é, e a maior das complicacións está en aprender a parsimonia precisa para o exámen. como iso de facer así co brazo dereito levado cara atrás , con estes dous dedos presionando sobre tal sitio, separándoo do corpo de tal outra maneira....vaia, dous minutos de explicación para dicirme que puxera o cinto. e toda unha cerimonia como se fosemos os tripulantes da sputnik.

en canto acendo o coche, e a modo de gracia para romper o xeo, o monitor, tras explicarme como se arranca, bautiza ese punto que ten o embrague como o punto g. a media tarde o destino e a miña impericia, volven a súa propia gracia contra el, que adicou a segunda hora de práctica a berrarme cálaseche porque te pasas do punto g! porque te pasas do punto g! eu, armada de paciencia, intentaba concentarme e coordinar pés e mans mentres el poñía cara de agobio. e cando me comecei a fartar de que me apurase e xa tiña algunha serpe na boca para soltarlle, resulta que rematou a miña hora e quedei coas ganas.

o que máis me vai custar de aprender a conducir vai ser aprender a calar. está claro.

hoxe repito, mesma hora mesmo lugar, e levo todo o día impaciente. xustamente hoxe que din na tele que queren que os noveles non anden de noite. están tolos estes romanos! se iso vai adiante esixirei que unha patrulla de tráfico me agarde á saída do cine para traerme de volta á casa.

21 comentarios:

TXARI dijo...

os monitores de auto-escola tenhem o punto g na pouca graça que eles vem inmensa e nos chistes máis malos que o cabalo do indio...calma e se podes saca o carnet de camión, por se acaso, que o mundo laboral anda mú shungo...

mariademallou dijo...

o meu profesor de autoescola pasa as horas berrándome e iso xa me empeza a queirmar. mañá se a cousa se repite mándoo á merda finamente. que difícil é aprender a facer nada cando che fan sentir imbécil...

Avogado Do Diaño dijo...

As finuras e mellor gardalas pra mesa, se che volve berrar directamente lle deixas o coche onde estedes cagaste na leite que mamou e lle dis "Che enchan o cú de leite" e vas direitiña a autoescola a pedir unha folla de reclamacions. O pior que pode pasar e que non te volva falar e cambies de "monito". Recorda que ti lle das de comer.

Avogado Do Diaño dijo...

E que me fode moito que un "mestre" lles berre os alumnos.

menguante dijo...

Mándalo al carallo ya.
Se trata de no soportar bordes, que los aguante su mamá.

Ánimo

From Hell dijo...

noraboa pola primeira práctica... xa verás como se che da ben.
Se o tipo ese che volve berrar, recórdalle cun berro quén é a que paga a súa nómina, xa verás como cala a bocaza...
saúde

menguante dijo...

Ahora bien, lo de que los noveles no podais conducir por la noche es una de las cosas más absurdas que oí yo desde la última vez que mi mujer me dijo " te quiero". En realidad no deberían dejaros conducir de día.

Olves dijo...

Non desesperes.

Mi profesor era un capullo integral que se pasaba las clases hablando de sus conquistas amorosas (cosa que dudo, a menos que fueran de pago).

El de mi ex era peor: se peía en el coche, pedía perdón y sacaba un botecito de colonia de esos de droguería para disimular sus efluvios intestinos con una rociadita de pachulí.

verdello dijo...

eu tiña un profesor que pasaba as horas fumándoche na cara, falando da 'hijadeputa' da ex-muller e dando trucos para sacarlle o mellor partido ós alimentos cociñándoos co microondas. sabía de todo (disque) e mesmo se che metía a falar de política, que de xeografía, música, literatura ou punto de cruz. iso sí, en tres meses que estiven indo á verbena aquela (porque autoescola non se lle podía chamar...) non deu nin unha puta clase. decidín abandoalo o día que me dixo (cigarro na boca e revista 'siete' na man): "yo es que este fin de semana me voy a ver 'mamma mia' a madrid. llevo meses intentando conseguir una entrada para mi y para mi hijo"

Olves dijo...

Caralho, Verdello.
Ese, además de licenciado en Ciencias Totales, era un moderno de la muete.

satine dijo...

Á quinta ou sexta vez que o meu monitor me berrou por darlle catro voltas arredor dunha rotonda, parei o coche e deixeillo na cuneta, a vez seguinte tiña outro monitor. Non permitas que che berre por non atopar o punto g, a maioria dos homes non saben donde está e nós non no lo tomamos tan a peito.

Un biquiño e paciencia.

mariademallou dijo...

hoxe outra ves...pois non imos ser amighos ese tipo e máis eu eh! mañá bérrolle eu a el....vaise caghar.

mariademallou dijo...

certamente vou facer coma ti satine, aínda que algo que xa fago é cando me berra porque se me cala clávolle o freno e leva cada meneo....

ohqtordv dijo...

ai, mariuska... botei unhas boas risas lendo os comentarios desta páxina... moitas grazas a cada un dos autores e autoras. este circo é ben máis divertido cunha clase na autoescola.

porén, eu das miñas non teño queixa. pasabámolo ben, non me dicía nin pío, eu son un tipo serio e xa se sabe...

ao consello da avoa, que é ao que ía: se o tipo che berra nin te molestes a berrar ti. segue o consello do avogado do diaño.

aos gilipollas, hainos que tratar con seriedade.

que vaia a que lle busquen o punto g no cu. así, seriamente.

biquísimos.

Anónimo dijo...

Estache ben, se foras á autoescola norte, ou á de San Mamede (sí, alí no alto da Capelán, despois da recta de Predrafigheira) polo menos os bruos do monitor iban ter unhas conotacións máis salvaxes das que che fan sentir na casa.

TomTraubert dijo...

Paciencia, María. Mi monitor era un tarado que no gritaba; se desesperaba un poco y se cagaba en los manifestantes
Pártele la cara de un codazo, tira del freno de mano y dile "si estoy aquí no es por gusto, es porque no sé conducir, gilipollas (con j del punto g)". Le escupes, le haces un corte de manga y a tomar aire.

mariademallou dijo...

vaia...vexo que a quí, a excepción do ollo da vaca que coma el mesmo di é un tipo serio, quen máis quen menos ten algo que dicir do seu monitor...está ben sabelo. saiban que esta semana xa saín por estrada e ata puxen o coche a cen.
mui divertido conducir!saúdos a todos os que por aquí pasades...

nenodanorita dijo...

O meu era moi tranquilo, tratábame de "Usté" e todo, coma moitos dos monitores de autoescola da nosa terra fora antes cura. Non sei por qué lles da meterse a ensinar a guiar o volante ó colgar as saias. Algún día haberá que investigar o lobbye de ex-curas monitores/examinadores de autoescolas. Ata temos un de Caldebarcos que tamén o é.

diablito dijo...

de caldebarcos e de boiro nada bo pode sair.

d.

mariademallou dijo...

saúdos ao nenodanorita, sexa benvido nesta casa. non fai falta chamar (xa sabes, a porta está aberta e a chave debaixo da maseta)
a vostede sr. diablito,é gusto velo de novo. apertas grandes!!

Anónimo dijo...

Where did you find it? Interesting read How to build a overhead projector Risk levitra Tv for in suv or car http://www.prostrate-cancer.info Allegra barnett Prescription drug information on lexapro Find quantum fireball harddrives Gay ringtones open bra Online marketing tanacsads pain relief tramadol Cheap phentermine 2b free shipping Fighting vehicle Accutane et lacn adulte ford truck Dog cancers Fixing leaks in the kitchen faucets Literotica net network