7.10.05

os días entretitirinidos


entre os titiriteiros os días levan máis de vintecatro horas e dan para facer mil cousas.
polas mañáns, antes de que chegue o público, todos na sala corren. hoxe o rei de la gotera de la azotea non atopa a coroa, mariquilla axeita a mata de albahaca, os músicos ensaian e o resto da compañía levanta paredes de tea que han de ser o castelo e a casa da protagonista.
á porta os espectadores agardan facendo fila, de dous en dous, collidos da man. cando entran ata eu me teño que me agachar para entregarlles uns programas. ningún levanta máis de un metro de altura. para moitos é a primeira vez que van ver o teatro e os seus ollos ábrense inmensos. son encantadores, falan, berran e dan patadas nas sillas cando o malo se achega por detrás. e cando o espectáculo remata nunca preguntan como está feita esta ou aquela cousa. marchan coa maxia dos títeres prendida das pupilas.
despois visitan as exposicións e aí si que preguntan polas historias dos libros, ou polo nome do rei mouro que ten cautiva a melisenda. queren tocalo todo e resístense a volver ao autobús que os agarda para ir ao cole.
cando se despiden e van rúa abaixo berenguela dá a hora de xantar e a tranquilidade aínda non a cheiramos. mediodía é case unha voda. tres mesas longas de xente compartimos brindes e historias, mareamos aos camareiros, contamos as novidades da mañán e os plans para a tarde. as sobremesas pasan rápidas e intensas. e as tardes agardan ao fondo da rúa. cada un corre á súa encomenda cargando cos párpados.
á tardiña, imos achegándonos ao principal. desta volta o público agarda nas terrazas tomando cañas. estes son dos que preguntan como funcionan as cousas pero tamén engrandecen a mirada cando os títeres falan. cando os vexo sair pregúntome porque non irán de a dous collidos das mans.
despois queda aínda recoller, deitar os títeres, cargar e ir cara o restaurante da cea, onde os compañeiros deixan o bisté para aplaudir á compañía que entra. e así a noite entra conversando ata a unha da mañá e non te das nin conta do canso que estás. os titiriteiros póñenlle un sorriso a todo. e cando por fin enganchas a cama, sacas as gafas e estiras o corpo pensas que estarán facendo mariquilla e o rei, que hoxe era a súa noite de vodas.

11 comentarios:

TXARI dijo...

fermoso mundo de títeres, quen for títere con titiriteiros coma vós...

mariademallou dijo...

quen fora títere para ter un titiriteiro que manipular ;)

acedre dijo...

Os monicreques son a cousa mais sinxela de facer teatro. Sinxela e chea de vida e cun encanto grande.
De verdade que non hai cara de felicidade como a dos nenos despois da obra e suponho que para os titiriteiros non habera alegria maior que a de facer pasar un bo rato ao publico e sentir a recompensa dos risos e a atencion prestada...como para non tomar canhas e celebralo...

acedre dijo...

Non sei se conheces o Sixpac.
Busquei Mallou e esta aqui.

http://www.xunta.es/conselle/ag/fogga/sixpac/visor/?&ube=529978.602902;4668275.822575;531963.967718;4666926.545515;29

satine dijo...

As veces sintome tamén coma un deses títeres dos que falas, aínda que sen rei.Que fermoso mundo no que viven, que tan diferente é do noso.

From Hell dijo...

titititiriritititi.... y olé

menguante dijo...

A mí los muñecos me dan mal rollo, como grima o algo así. Ni siquiera puedo ver los del Canal+. Es una fobia infaltil. Y una pena, seguro que son más interesantes que las personas...

mariademallou dijo...

os días dos títeres foron xeniais, quería contárvolo pero telefónica sigue facendo das súas e dende o ciber de abaixo sáeme a órgano vital vendido por hora, así que teredes que agardar.
acedre, non coñezo o sixpac, agora lle boto un ollo. grasias!

Avogado Do Diaño dijo...

Eu tamen estou acostumado a traballar con titeres, pero estas o problema e que son a tamaño real e lles empeza a gustar iso da man polo .............

biquiños

Pd Afortunada ti que traballas con xente que a o final agradececho, coma os nenos.

acedre dijo...

Vas a un ciber?. Non hai unha biblioteca publica cerca con internet?. No veran, cando estiven no Porrinho ia a biblioteca publica e collia internet de balde.

mariademallou dijo...

non hai unha biblioteca preto, así que me condeno a un ciber super caro que hai aquí ao lado... agora telefónica prométeme que se acabaron os cortes e que teño 1 mega, a ver se é certo...xa o veremos.
ai que paciencia