22.10.05

os empregados de correos

cal é a razón que leva aos empregados de correos a chamar sempre ao meu timbre para que lles abra o portal? é algo que realmente me intriga porque en todas as casas nas que vivín, á hora da ducha concretamente, soa o telefonillo e aí está o tipo dos correos, que nunca trae nada para min - excepto facturas- e sen embargo todos os días me saca da ducha. iso ata hoxe. hoxe pasei de abrirlle. que carallo, eu xa levo uns anos duchándome en dous tempos e cabreándome antes de almorzar, agora tócalle a outro. así o fixen. deixei que o aparello soase un par de veces e fixen coma que non ía comigo. tal foi a miña sorte, que hoxe si que traía algo para min. un paquetiño pequeno e gordecho que viña dende a alemaña. o que traía dentro eran postais da cidade e esa bolsa tan maqueona que vedes na foto. mándama un poeta de impecable letra e mellores poemas. gustoucheme ben...
tanto, que ata me sentín mal por non terlle aberto ao de correos... pero iso xa se me pasará o luns cando me saque da ducha de novo. agora vou ir lucir a bolsa polo mundo.

12 comentarios:

acedre dijo...

Eles timbran a todolos porteiros. Os que me fastidian son os de informacion comercial ou a chorrada que digan. No fondo danme magoa. Pero eu non saio da ducha nin por chamar a porta nin polo telefono. Xa chamaran mais tarde se queren.
Bonito bulso.
Saudos.

mariademallou dijo...

ben, dos repartidores de publi nin falamos! eu nunca tiven en muita estima ao carteiro ata que souben que teño un colega que se adica a iso os fins de semana e que madruga as 7 para ir repartindo cartas por aí toda a mañá... santa paciencia.
o bolso é ideal para levar a mercar. creo que o vou cambiar pola bolsa de plástico que che dan no super.

Olves dijo...

Os peores son os testigos de Xehová ou os mormons (todos da familia Smith).

É que vou ser carteiro e tócame pesoalmente esa problématica.

Saúdos

satine dijo...

Eso de chamar a porta,os carteiros ou os publicistas a estas alturas estou convencida de que teñen un radar. Eu paso dúas horas na casa durante o mediodía e nesas horas veñen todos xuntos. Agora xa non me levanto e remato tranquila o filete.

Caufield dijo...

Ante estas fatalidades do destino comunícolle unha boa nova: en breves no taboleiro da faculdade de ciencias da comunicación levarase a cabo unha iniciativa poética popular, na que entre poemas de Celso Emilio, Manuel María, Rosalía...habrá un cachiño de "A primeira visión", dunha grande poetisa (sen dúbida :P)Saúde!!!!(cando saiba cando é aviso!!!)

From Hell dijo...

que chulada de bolsa... o tal cristof(ou como carallo se escriba) é un artista en toda regra.
Un aplauso para alemaña

mariademallou dijo...

olves, se che tocar a miña zona de carteiro dareiche unha copia da chave do portal ;)
gracias caulfield polo aviso,pasarei por aí a ver os poemiñas eses, aos que hai polo menos seis anos que non lle vexo o pelo.
para satine e o sr. hank saúdos dende a distancia. estraño a súa casa aínda que timbren cada mediodía once representantes de avón.

Olves dijo...

Ay, muitas grazas, María, pero vivo en Mandriles...

TXARI dijo...

a do carteiro é uma profesiom honrada, tenhem a súa oposiçom, chapan de memoria nomes e direcçoms (é como aprenderse a guía de teléfono, no meu povo saben apelidos, data de nacemento... e o teléfono dende que hai móbiles jâ nom tanto...)e levam novas boas, malas, peores, indiferentes, e para cada uma tenhem ensaiada uma cara, que sería sen eles, sem ter a posibilidade de agardar por uma carta e nom no ordenador ou no móbil que son un martirio, que se non saes con eles non andas ao justo!!! reivindico carteiro e en bisicleta, meu irmán a bicicleta jâ a tem, eu creo que ensaia para carteiro que o do mudo-quinqui nunca se sabe...hoje estás aquí manhâ alí , pasado quen sabe?

Caufield dijo...

Boas!!!Pois q o dos poemas está xa xDDD e xa hai varias aportacións interesantes!!!Apertas!!!

verdello dijo...

a min non me importaría abrirlle a porta se sei que tan só unhas das cartas que trae na bolsa a escibiu a man alguén para alguén. aínda que non sexa para min. é unha mágoa, a xente xa non escribe cartas, están os e-mails e tamén chegarán os e-carteiros.

Anónimo dijo...

Enjoyed a lot! Complete automotive seattle Mattresses defford mesotherapy before and after Gay male sm slave stories pay bill pain ultram http://www.airline-jobs-4.info word games Dodge engine sale viper http://www.homeinsurance43.info Phoenix arizona tv news personalities Lake placid florida culinary school Electrolysis hair removal falmouth ma order phentermine Career golf stats shirt club paxil Voip voip solution 1stcommunications.biz Site www.electronicsoutfitter.com whistler radar detector