28.11.05

nervios e wifi

regresei e parei para ver o mar antes de volver ao val profundo e húmido da cidade de pedra. chamáronme por teléfono, tal vez me den traballo. fago tempo mentres paseo a cidade en busca dun puto bar con wifi onde descargar un adxunto. non quedaramos en que esta era unha cidade europea? onde carllo hai entón un bar onde conectarse? alguén me pode dar unha pista?
de milagro atopei un ciber. púxose a chover con ganas. estou ben nerviosa. o terceiro café da mañá non axuda.

9 comentarios:

nenodanorita dijo...

Ánimo mariquiña, eso é pan comido, pensa que calquera dos nosos avós (o teu, o meu, e outros muitos da nosa terra brava) conseghiron traballos en compañías alemanas ou holandesas en condisións muito máis difisiles... Forsa!!!

Olves dijo...

¡Ni un respiro te tomas! Pásate al té por lo menos.
Ánimo y saludos.

mariademallou dijo...

ai...que vida tan cansada.... ;)

mariademallou dijo...

ai...que vida tan cansada.... ;)

From Hell dijo...

¿Na Coru non hai un bar con tecnoloxía wifi?
¡¡Qué baje Paco Vazquez y lo vea!!!

Avogado Do Diaño dijo...

Que rapido chegastes a cidade de pedra !!!!

Biquiños

pepa dijo...

Ola María! Benvinda! Podes elixir:
1º Casas que teñen wifi no casco vello: a miña (con sillas, sofases e consumicións se me apuras).
2º Bares que teñen wifi, a ver, a ver... Muller, tes o Casino pero é demasié, iso só vale para cando estás no paro e queres que toda a xente da Rúa do Vilar vexa que tes proxectos e non andas a rascar a barriga de pendanca por aí. Pero tes dous ou tres bares máis alí onda Correos e a B. Xeral cun ambiente bastante agradabel. Non sei como se chaman pero son as cafeterías onde non están os policías todo o día bebendo augardente ou mirando para o futbol.
3º Unha vez explicado isto, preciso que me digas cando poderías, polas mañás, quedar para artellar algo que deberíamos ter ti máis eu entre mans,xa sabes, e que poderiamos solucionar se elixes definitivamente o plano 1º.
Chámame.
Bicos

mariademallou dijo...

ai pepiña...mañá mesmo que é aqmrtes xa che chamo para que nos poñamos a pensar.mentes peligrosas ;)...

Anónimo dijo...

best regards, nice info » »