4.11.05

quen é ese home?

este outono, como é o ano do quixote, eu estou lendo a shakespeare (de agora en diante xespir). a verdade é que lle estou collendo moito gusto. resulta que ao lado de xespir esas traxedias cotidianas que coas que nos amargamos son mimos de monxa. por exemplo; cando un xanta só todos os días e pensa niso parécelle que debe facer unha figura realmente dramática. certo. peor aínda se comes diante da tele, e dende logo terrible se se substitúe a tele pola pantalla do ordenata, iso é fase terminal da miseria existencial.

pero cando les xespir, e ves o que tal lle pasa a hamlet, poñamos por caso, quedache ben claro que o teu non é nada. é que ese home consigue que ata a máis maquiavélica das caseiras resulte teresa de calcuta ao lado de lady macbeth. pero, sobre todo, convénceste de que se volveras nacer, nin de coña che gustaría ser rei, nin princesa, nin infanta, nin nada diso... que debe ser moi difícil e dar moitos disgustos.
de modo que te consolas cos teus zapatos mollados cando agardas o autobús, coa túa entrada de palco solitario para o teatro e o teu paraugas roto, coa túa neveira vacía, o despertador cabrón, e con eses números vermellos que che miran mal cando entras no caixeiro.

consólaste porque pensas que son o tipo de cousas que ao bo de hamlet lle resultarían minucias.

no fondo, seguro que somos uns soberbios. vivimos mellor ca reises, pero non nos decatamos porque non reparamos no duro que é o mundo da monarquía. mira senón para o noso mantido, ter que andar dun país para outro, de regata, ir esquiar ( á súa idade)... non para un momento! e con todo o traballo que debe ter no despacho! ou non era el o que asinba os diplomas da exb? e cantos estudiantes non hai en españa?... hai moitos títulos que firmar para manter a unha familia coma esa, tan procerativa.

vivir de rei nos tempos que corren, non é tan cómodo, agora que queren ser xente normal. porque, por exemplo, eu podo montar un follón nun macdonals e non pasa dunha folla de reclamacións. pero se o rei vai a un macdonals- digamos... un domingo, a merendar con esa recua de netos que ten - pois por moito que a hamburguesa ladre e mova o rabo non pode montar un cristo. de nada lle vale ir de tipo normal! porque a folla de reclamacións convírtese nun conflicto internacional. aí es ná.
así foi como comecei a pensar que esa dicotomía entre ser un tipo normal é ser rei debe amargar moito. para consolo quédalles só que o de hamlet é bastante peor. e acabei botando contas de que tampouco é tan de envidiar a boa vida. e iso xespir debía sabelo hai xa uns siglos.

o único fastidio é que xespir non é ninguén. díxomo o sr. hank. porque xespir saíu en algunha edición de OT? non. estivo algunha vez na casa de guadalix de la sierra? non. estaba na selva dos famosos, en GHVip? nin sequera. salía en crónicas marcianas? non, nin no zaping. saíu algunha vez en noche de fiesta ou nun especial fin de ano? non. no luar? nin no xou dos tonechos...
entón, está claro. xespir non é ninguén. e se non me cren vaian a unha discoteca e pergunten quen é ese home, xa verán como lle responden que é mario cimarro.


postpos: isto foi o que dixen este mércores nas antípodas. por aí ando aínda sen nome - nin canción!- dádelle voltas a rodiña da radio ata chegar ao punto da radiofusión...

10 comentarios:

Avogado Do Diaño dijo...

Que non che minta o sr. hank que xespir sae en paixon de gavilans. por que xespir e o mozo de longa melena e amplio paito ¿non?.

Eu tiña a macbeth aparcado pero vouno recoller da estanteria un dia destes.

Salud

mariademallou dijo...

seghuramente saia, non llo negho, eu non chguei a ver a pinícula dos ghavilans. teño a tele sen antena dende hai tres meses e todos os canais están codificados.

satine dijo...

¿Quien es ese hombreeee? Agora xa o entendo, xa verás como o ano próximo convidano a participar na nova edicción de gran hermano vip.

From Hell dijo...

Xespir era un cabrón, pero aínda así caíame mellor que calquer subnormal que saia na televisión...
por certo, moi bó o texto, aínda botei unhas boas risotadas...

ollo dijo...

grandeeeeeeeeeee!!!!!!!!
moi grande o texto. dacordo co sr. from hell, eu tamén botei uns risos.
señora de mallou, agardo que siga vostede deleitandonos ao escreber así de ben!!!!!!

mariademallou dijo...

ghrasias amighiños e amighiñas.aghora rompo a cabesa pensando de que vou falar esta semana...(pronto comezarei a ler autores rusos,aviso e ameazo ;)
saudiños!

menguante dijo...

pero el de la foto no se me parece a aquél que estaba in love de la paltrow

mariademallou dijo...

non, se o da foto é un actor de telenovelas.

Anónimo dijo...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you!
Baseball bat wood 49 buick Timber creek golf Ultramfree ultram 18 hole golf Kingston ontario plastic surgery Clemson baseball 1995 http://www.cum-swallowing-2.info/assfucking_cumshot.html Ft lauderdale group golf packages http://www.hotelgolfmajorca.info/worldofgolf.html Probodx fitness equipment Gloria golf resort hotel Ea sports mvp baseball http://www.allegra-stretch.info/evistacarshow.html aaa discount travel Abernathey honda Celexa and dirarear Female fitness biceps

Anónimo dijo...

Enjoyed a lot! The way you grab my ass Wellbutrin fluid retention Alleve pain relief Doing a california refinance online subaru altunater 1986 toyota corona pics Blue club land ridge rover Lsnorting ultram toyota tacoma 2000 2004 toyota celica reviews Sr-21 insurance oahu Zithromax for flu Stacking washers and dryers advantages Ultramwhat is ultram Spanking+fem+dom california health in insurance Facelift albuquerque diet and fitness Account merchant premier florida processing servic universal