10.11.05

sorte de coiote

a conto dun exame que farei nun par de semanas doume por reflexionar sobre a sorte. sobre a sorte en xeral e sobre a miña en particular. doume por pensar niso porque toda a xente que conozo, especialmente a que xa ten carné, insiste en que con que vaia tranquila..., que o resto é cuestion de sorte. e a humanidade diche iso e quedan tan anchos!pero como vou ir tranquila se teño que confiar na miña sorte miserable?! porque eu non sei como é a sorte dos outros, pero a miña non dá para fiarse moito dela....
comecei a pensar que se consideran cuestión de sorte e que a min nunca me pasa, por exemplo:
considérase cousa da sorte que che toque a primitiva. a min nunca me tocou. nin sequera a devolución no cupón dos cegos, nin un reintegro do nadal, nin a cesta da peña do bar de pepe....nada, nin xogando ao bingo de céntimos na casa cantei nunca unha triste liña.

pero iso non é o preocupante. o dramático é que hai unha serie de sorte máis mundanas das que eu tampouco participo: eu nunca teño a sorte de atopar os semáforos en verde, nin sitio para aparcar ( iso que só conduzo 1 hora ao día), nin tampouco teño a sorte de ter que non ter que agardar na parada polo bus, nin de que o ascensor esté no meu piso, nin de que o meu veciño esté cachodo, solteiro e os dous teñamos can ( ben, eu para empezar non teño can, pero podía ter un veciño cachondo!), nin de atopar a miña talla nas rebaixas, nin de meter unha moeda nunha cabina e que me de o especial, e moito menos de chuparlle o wifi ou o canal plus ao do lado -iso é favor divino e non sorte- e tampouco atopo cartos na rúa, máis ben son das que os vai ciscando para que calquera listillo con sorte os atope.

para máis, teño unha especial inclinación a que toda a mecánica que me rodea, especialmente a tecnoloxía, se escaralle. en palabras claras, son unha apagafarolas. e isto non é metáfora, teño testigos de que saio a tirar a basura pola noite e a escuridade vaise facendo ao meu paso.
e o mesmo me pasa tamén co microondas, coa lavadora, co ordenador, co teléfono móbil...

por iso hai xente que sabemos que a sorte ténnola xurada. e os días en que todo vai ben e nada se torce...desconfiamos, porque iso non é o noso. pensamos...vaia, vaia, que sorte tan boa estou tendo hoxe, eh!... algo terrible ten que ocorrer para que as cousas volvan ao seu sitio. e entón é cando te pos nervioso e a cagas con algo. pero si se che ve na cara que tanta sorte non é para ti. ti o que mereces é un piano colgado dunha corda tísica, a dez metros do chan, xusto enriba da túa cabeza. e que newton e os astros fagan o resto.

por todas estas cousas deducín que na configuración do mundo hai dous tipos de usuarios. e que debe ser así para que este siga xirando. coma nos dibuxos animados, o azar distingue entre os que confían na sorte e lles vai de puta madre - que son os correcamiños- e os que teñen á súa sorte continuamente baixo sospeita, que son os coiotes. e descubrín que eu son dese grupo de xente que ten sorte de coiote.

isto é así, tan vez se pode cambiar pero dende logo non se pode disimular. porque o azar non é parvo, leva séculos entre a xente, e sabe con só mirarnos que é o quenos toca. así é a sorte do coiote, como a do país, non da para confiar moito nela. é de marca acme.

postpos: as antípodas de hoxe. por certo viron o home inédito e as ediciós da rotonda? vaian e disfruten ;) caralludos.parabéns xente!

18 comentarios:

Anónimo dijo...

que ansiedade dá asistir á imperturbable sortedocoiote e ao imperturbable sorriso bobalicón do correcamiños. O único relaxante deses debuxos era ver os novos inventos marca ACME, polo menos daban variedade. Creo que esa serie era terrible: demostra que o destino é implacable e que os intelixentes, astutos e argalleiros non teñen nada que facer se se dan de bruces cun estúpido descerebrado con sorte.
Para seguir falando da sorte, mira (se queres) a peli de Woody Allen que non se parece a unha típica peli de Woody Allen: Match Point. Reflexiona precisamente sobre iso, anque disfrazada de "jai sosaieti" de londres e tal.

Viva o coiotismo! Quen vai pensar un só segundo no correcamiños? O heroe sempre é coiote.

Mec, mec

estibaliz... dijo...

E jrasias por dicir do meu bloj, mariademallou.

bicas...

torredebabel dijo...

Enton, asi foi como soupen que a metade da miña vida tiven sorte de coiote e dende os 30 teño sorte de correcamiños! O malo, claro, é que agora non sei si a sorte de correcamiños vai durar tamén 30 anos o so veu para desaparecer rápido e deixarme co convencemento de que niso, tamén, teño e teré sorte de coiote.

PS: perdón polos erros, o meu galego é moi noviño...

Mr Tichborne dijo...

Mala sorte: cando eu suspendín o carné as catro primeiras veces. Peor sorte (a miña e a da humanidade): cando aprobei á 5ª e aí comezou o terror... Todos co Coiote, un home (perdón... animal) e unha fixación, ten un obxetivo claro e é feliz, dálle igual non acadalo. O Correcamiños? Un parvo emprumado, unha futura vítima da gripe aviar... Saúdos

acedre dijo...

Podes ter a sorte do coiote no que contas pero a tua maneira de escribir e contar as cousas non e coiotiana...so pode ser vencedora coma o Correcaminhos.
A talla da roupa non sei que dicirche pero ainda lembro a camiseta de Eu amo o leite e non estaba nada mal.

mariademallou dijo...

ola a todos! vexo que somos máis do coiote...si, o correcamiños é un descerebrado con sorte ;)

Anónimo dijo...

polo menos tes a sorte de ter muitos admiradores
bico

TXARI dijo...

maría busca a sorte dentro da nevera, que sejuro que a metestes entre o carton de leite e as sapatillas, e saca o bote de maionesa do caijom das sapatillas, dempois jâ lâ nom te preocupes de buscala sorte máis...é máis doado que ela che atope a ti...o bo do coiote é que nunca tiraba a toalha e nunca morría de fame, pq hai penha que sen tirala toalha pasa máis que neçesidades...

estibaliz... dijo...

a primeira usuaria anónima era eu, mariademallou, que lle dei ao botón que non era. Bueno, en realidade sempre quixen ser Anónima. Hai moito libro de Anónimo, pero ningún dela.

En canto ao carnet de conducir, arma de paciencia e sempre,isto é moi importante, sempre demostra aos examinadores que vas un pelín nerviosa e prudente e tal. En fin, que eres un gusano que por caridádedios, quizais, podería ser que...
E mira todo canto espello hai: o retro, os laterais...todos.E nunca vaias de sobrada aguerrida ao volante porque te cargan fijo. Seino ben. Non queren Ángeles de Charlie. Sigh.

Por último confía...jeje..na sorte

menguante dijo...

el coyote es un despliegue de imaginación como tú, contra la fuerza bruta y burda..

saly dijo...

... e se non tes un veciño de porta cachondo, proba cun veciño de barra de bar

Anónimo dijo...

Por se che serve, suspendín a teórica catro veces e a práctica dúas e sempre pensei que iso era moi positivo para a seguridade vial.

Despois hai xente que se atopa nos labirintos e se perde nas habitacións numeradas. Son coiotes ou correcamiños?

satine dijo...

Eu en cambio son dese tipo de persoas que despois de ver cincuenta capitulos da serie, pensei sempre que nalgún momento o conseguiría o pobre coiote. Dentro dos que teñen mala sorte aínda quedan os que cren que en calquera momento pode cambiar. Soñadores.
Moitos biquiños e xa contarás que tal.

From Hell dijo...

Bó texto... boa teoría

Olves dijo...

Vaya, yo también apago farolas, pero a mí me hace cierta gracia. Ahora estoy entrenándome a ver si aprendo a encenderlas.

En cuanto a lo de la suerte del coyote... es preferible ésa a la de Pepe Le Pew, ¿no crees?

Y el examen depende de lo tranquila que vayas y de si el examinador no se ha quedado sin hemoal.

Saúdos!

TomTraubert dijo...

Si es así como lo cuentas, no es que tengas mala suerte, es que eres gafe carayo.
Besos igual

mariademallou dijo...

os apaghafarolas molamos ;)

paparruchas dijo...

o destino non está decidido e a sorte tampouco, suscribo o dito por acedre