13.12.05

plainarco


non me digades que estes dous clis non son sito e laureano volvendo do estraperlo!!

;)



e digho eu...terán a versión con planeadora?

...uf!...que tarde é...vou durmir.

20 comentarios:

nenodanorita dijo...

Que booo!!! A min ocórrenseme outros nomes... pero non os podo desir, non vaia a ser que me rompan os busos (=morros para os de fora). Por certo a Laureano vino eu un día e flipei, ainda era máis gordo do que se vía na tele, iba nun Mitsubishi Montero e parou a "charlar" na plaia da tua aldea cun "empresario vidrioso" da vila onde te criastes. Os rapaces estabamos na praia e paresianos asistir en directo a un capítulo de Corrupsión en Miami.

mariademallou dijo...

ai...que sería da nosa infansia sin o narcotráfico?;)

From Hell dijo...

como cambiaron os clips carallo... o próximo que vai triunfar vai ser o clip rapero ou o clip operación triunfo...
vivan os clips... e as grapadoras tamén.

Pico Xeado dijo...

POis non sei quenes serán, pero eu tiven ese deportivo (unha versión un pouco máis antiga, con tipo e tipa máiS modosiños) e tamén tiven unha lancha que ben podía ser unha planeadora...ai, o famobil, canta vida!!!

gato dijo...

non estaría mal que tamen viñera no mesmo paquete un ou dous yonkis e as nais de Erguete para que cada neno decida quen se queda có coche e có maletín

mariademallou dijo...

púxenvos o lin do catálogo, para que disfrutedes ;)

Marinha de Allegue dijo...

É tremendo jajaj seguro que teñen tódalas versións con tódolos complementos jajaja.
Un beijo.
:)

Laurindinha dijo...

Como me gustaba xogar co forte de Playmobil dos meus primos!E co barco pirata?!
O do mundo do narcotráfico daría para moita literatura... Para min os míticos son o Servandos, que eran os que campaban polas terras do Morrazo...

satine dijo...

Eu pedinlle a papá noel para este nadal a versión de multimillonaria estúpida, co seu par de chalets e o iate atracado na praia privada, non moi lonxe da versión dos narcos.

mariademallou dijo...

a multimillonaria estúpida!!! pártome:))))
os clis son a hostia.
vós tamén ;)

TXARI dijo...

o nenodanorita movese en altos voos, co laureano co dinosaurio...joder eso é ter poder!!!! eu de pequeno (é disir fai nada) pidinlhe a os reis (aínda nom conheçia a verdade da tripartita monarquía saudíe)o barco pirata dos clis, a coisa fui que en cadansúa misiva secreta meus irmáns fijeram o mesmo, cando só apareçeu um único barco meu pai comprendeu coa mirada que o de compartir nom se inventara aínda cando se falaba dos reis...o día uito vendemos o barco por peças ao desguace (um vicinho que resiclaba xojetes a mediados dos uitenta para darche despois envídia dos teus próprios ex-xojetes, ajora cambiou os plaimobil polos tunnin-carros)

folerpa dijo...

eu ainda xogo con eles co meu fillo. El leva o barco pirata e a eu a lancha do SVA que os persegue acotío.

nenodanorita dijo...

Non Txari, non me movo, o que pasa é que nas aldeas conosémonos todos, e hai un larjotraficante que coñeso que usa un carro coma o da foto, por eso digo que lle cambiaría o nome. ;-)

torredebabel dijo...

eu nunca os tiven máis o meu curmán Juan Manuel era adicto a eles. E eu mirábao dende a distancia dos 3 anos que teño mais que el, cunha mestura de envexa e desprezo... oxalá meu fillo pídamos algunha vez. Apertas!

Olves dijo...

¡Cómo han avanzado estos clics! ¡Si hasta hay dos butroneros con equipo de soldadura autógena y gorrilla de estibador! Eso sí, lo de los peinados y la sesera hueca sigue como antes...

Yo por aquí narcos no vi nunca. Yonkis sí, a mansalva.

Saúdos.

nenodanorita dijo...

De todolos clís que vin no link que puxo María hai un que me traumatisa sobremaneira, é ese de picoleto con "Radar de trípode". Sería ese o que me fodiu? (a quen non entenda que mire o meu blo).

mariademallou dijo...

:) seghuro!!! que gracias. encántame ver como se fui xuntando xente arredor destes xoghetes de infansia... aghora xa sabedes que pedir aos reises. eu sempre quixen un barco pirata que nunca me trouxeron. non sei se autoreghalarme un aghora que son ghrande e os reises os fagho eu.xa vos chamarei para que veñades xoghar con el ;)

bandini dijo...

están locos estos adultos¡¡¡¡

mariademallou dijo...

;)

Anónimo dijo...

Very cool design! Useful information. Go on! Florida key west vacation rentals New york refinance - refinancing in new york answering service Budget travel agency uk Picture lower leg cellulitis Mitsubishi galant vrg Net one financial merchant services Fatburning diet pills discount headsets